Cidades e áreas metropolitanas
Si o papel das cidades e das áreas metropolitanas na sociedade da información é tan decisiva como parece, toca mirar para nós mesmos e ver de qué estamos feitos.
Si o papel das cidades e das áreas metropolitanas na sociedade da información é tan decisiva como parece, toca mirar para nós mesmos e ver de qué estamos feitos.
A raíz dun comentario do señor Carreira doume conta de que teño este blog en suspensión. O proceso foi progresivo, sen grandes aspaventos. A fenda dixital (aínda que como nos recorda este domingo Castells é principalmente educativa) tamén me afectou, pois non ter internet no fogar tamén retarda o proceso de lectura-escritura de posts no blog. Lento, pero non inexistente.
Unido a esto está a distancia. As conversas co señor Puga na cafetería de teleco sembraban as ganas de escribir e de montar empresas tan necesarias como pouco tendentes a estar nos primeiros rankings da web 2.0 ;)
Mais, principalmente, o proceso de suspensión sucedeu porque a día de hoxe outros proxectos acaparan toda a miña atención. Paso os días relendo (e tamén re-escribindo). Estou en “modo esponxa“: absorvo todo o que podo dos que máis saben. E tamén hai cidades que merecen ser vividas off-line, como polo momento me sucede con Coruña. Será que son recén chegado.
Sexa como sexa o 2008 creo que será máis do mesmo destes últimos meses: máis e máis software libre. Ler, pensar, escribir e programar son as tarefas que ocuparan o meu tempo este ano. Porque o 2008, será para min o ano do software libre.
Vimos dun mundo onde o Estado-Nación era a fonte de poder e identidade, a fonte principal de xeración de benestar. Pero a estrutura chirría e xa non é suficiente para dotar de benestar ós individuos que a compoñen e responder ós desafíos da aldea global. Hai tempo que as súas fronteiras se quedaron pequenas.
A súa función é aínda necesaria, mais a súa configuración actual non. As alternativas son:
A miña posición é clara para os que ledes de forma habitual o blog: unha deconstrución creativa é necesaria, igual que outro mundo é posible, pero sin os dogmas conservacionistas dalgúns sectores antiglobis. Tratarei agora de argumentar por qué non é adecuada unha estratexia conservativa e temos que optar pola progresista.
A organización social actúa en dous planos:
Unha determinada estrutura social (os estados-feudais, os estados-nación, as comunidades nómadas, …) xurden nun contexto histórico dado debido a que son as organizacións óptimas para a función para a que foron creadas: crear o maior benestar posible para os individuos que a conforman.
Pero a identidade xa é global e o Estado-Nación non ten os medios para evitalo nin reinventarse. Tamén a xeración de riqueza se estrutura nun proceso alén das fronteiras territoriais.
Así, si entendemos que a identidade dos estados se construía principalmente a partir das dúas ferramentas seguintes..
.. debemos plantexarnos qué ocorre nun mundo de micronichos, no que a información consumida por cada individuo xa non se basa nun menú estatal, senón global. Do modelo mass-media ó modelo mis-medios.
Pero tamén o sistema educativo (como último bastión da identidade) sufre as consecuencias do novo mundo: choques culturais e reformas apremiantes (máis alá do estéril debate sobre educación para a cidadanía). Debemos pensar cómo se configura a identidade nun mundo no que o modelo educativo mesmo se pon en dúbida e se debe adaptar a novas condicións alén das fronteiras estatais (por exemplo: proceso de Boloña).
A pregunta é .. ¿qué poder simbólico lle queda ó estado?
Xa non é posible configurar unha identidade nacional forte cando estudiamos parte das nosa carreira no extranxeiro e temos amigos de tódolos países; cando compramos produtos en Amazon que nos envían dende Norteamérica ou China; cando os nosos espacios de socialización xa non se entenden en relación ó territorio (messenger, correo-e, comunidades virtuais temáticas, …).
No tocante á creación de riqueza xa non queda moito que dicir. Simplemente o estado non ten o poder suficiente para mediar entre os conflitos de intereses público-privados e as relacións comerciais se realizan con persoas e empresas de múltiples territorios.
Por isto, a miña aposta é pola deconstrución creativa. E faise necesario seguir este debate: Das nacións ás redes.
É unha idea manida que na Sociedade da Información o principal non é a túa situación xeográfica nin as economías de escala que permite a existencia dun gran país (de feito enaxénanse esas vantaxes fronte a flexibilidade do pequeno). O importante reside en conectarse ós fluxos mundiais de comercio, innovación e debate.
Nos últimos tempos, en Galicia, estanse a dar pasos interesantes neste sentido. O que vou a comentar é a iniciativa Pobre Mundo Rico, levada a cabo polo Clube Internacional de Prensa. Máis alá das necesarias críticas, é un proxecto que me gusta. Principalmente porque trata de achegar a Galicia debates sobre cooperación que non se están dando. Pero tamén porque non se limita a traer de fóra para que aprendamos. Tamén integra no seu interior a ponentes internos.
Por exemplo, no eido do enfoque de xénero as representantes de IND tiveron voz no evento (probablemente a ONGD galega que máis trate este tema) e no tocante a servicios básicos falou ESF (probablemente a ONGD galega que máis teña traballado este discurso).
Esta sinerxia entre axentes internos e externos é a precisa para que exista aprendizaxe mutuo, e non se quede a iniciativa nun “Benvido Mr. Marshall“. De tódolos xeitos, ten moitas cousas criticables.
Si ben é certo que non é éste o único foro deste estilo en Galicia. O ano pasado chamoume a atención o foro Os sentidos das culturas, polo que pasaron grandes pensadores. E en breve, tamén no marco do Consello da Cultura, realizarase o foro Medios de comunicación e identidade (vía NovosMedios). Éste último recolle algunhas das inquietudes nas que levaba tempo pensando (todo ahi que dicilo, a raíz do curso de verán organizado polo mesmo grupo de Novos Medios)… e creo que me vai dar a oportunidade de escribilas.
Dentro de apenas 12 horas saímos para a cósmica. Tratarei de axenciarme no bus un portátil para ir rematando os últimos retoques estéticos da presentación… pero mentres estou en Coruña dando os últimos retoques (e a piques de asistir á charla de Molinero sobre a “crise” hídrica). Simultáneamente, Fran dende Vigo descargando videos de YouTube e GVideo por si non tivésemos acceso a internet no albergue. Un plan B.
E niso estamos cando descubro este video de Olga, onde ela e Felipe explican en qué consiste o Laboratorio de Innovación Social. Xenial!
Hoxe comeza o máster en soft libre. E, logo de asentarme en Coruña, xa podo dicir que comeza tamén un novo ano para min. E Comeza forte. Co taller da cósmica sobre comunicación e o proxecto Comunicaciong. Pero principalmente polo traballo que suporá integrarme nunha comunidade de aprendices, de constructores de software. E ó redor desto xurde outro proxecto persoal: No sólo software, outro blog onde terán cabida aqueles post máis técnicos, onde tratarei de mostrar o día a día do traballo no máster. Pero non só iso.
Un ano duro e estimulante á vez. Esto promete.
Actualización 19 Outuibro: Calidonia tamén escribe sobre isto. E danos unha pequena colleja.
A poucos lle sentan ben as críticas, aínda que sexan éstas humorísticas ou parodias, mera retranca galega. Pero só algúns acuden ó xulgado para que non fagan chistes sobre eles.
Tu quoque Iolanda?

[Únome á convocatoria do BlogActionDay cun post sobre o informacionalismo e o medio ambiente.]
A dicotomía progreso VS natureza está máis presente ca nunca nos debates sobre a sostibilidade do noso modo de vida. E debemos saber que abandoa-lo modo de vida industrial en favor do informacional, non só é fuxir dunhas relacións alienantes de produción, non só é correr hacia o aumento da produtividade e riqueza que nos levarán a disfrutar de maiores cotas de benestar.
Esta fuxida hacia o futuro, supón tamén reencontrarse co ecoloxismo.
Non só pola mera informatización de procesos que ata o de agora consumían a meirande cantidade de papel, ou porque non se estilen as tarxetas de visita nun mundo no que a podemos levar como tarxeta de visita bluethoot no noso dispositivo móvil favorito co conseguinte aforro de papel. Estas son pequenas vantaxes, aristas dun poliedro meirande: o actual modo de desenvolvemento. A potencia do informacionalismo radica en conseguir maiores cotas de produtividade á vez que é menos agresivo co medio. Ésa é a súa potencia.
A era industrial chegou ó seu ocaso:
Lo que ocurre con el nivel de vida de nuestros días ya ha ocurrido en el pasado. Nuestra cultura no es la primera tecnología que ha fracasado. Tampoco es la primera que ha alcanzado sus límites de crecimiento. Las tecnologías de culturas anteriores fracasaron repetidas veces y fueron reemplazadas por nuevas tecnologías. Los límites de crecimiento fueron alcanzados y trascendidos sólo para ser alcanzados y trascendidos una vez más.
E non deberíamos botala de menos.
Como anunciamos algúns días atrás, Fran e máis eu daremos unha ponencia sobre comunicación na era dixital durante a asamblea anual da Federación española de ISF. A asamblea, ademáis de ser un dos puntos de encontro de todas as ISF integradas na federación, crea tamén espacios para a reflexión e posta en común. Trátase de crear un lugar onde compartir experiencias en torno a uns eixos temáticos. Este ano serán a comunicación e a enerxía.
Particularmente, no noso taller, pretendemos expoñer algunhas das ideas que aprendemos coas experiencias dos blogs en esf galicia, e de ler moito ós que máis saben.
Mais somos conscientes que un evento así apenas chega para inicia-lo movemento, precísase de algo máis. Por iso, o noso enfoque do taller é como un punto de arranque, como unha palanca que incita a acción.
Por outra banda, parécenos que non existe un lugar na rede dedicado específicamente a recolle-las experiencias e aprendizaxe de outros actores no sector da comunicación en asociacións e ong, aínda que sí existe moita xente que trata o tema e traballa niso, como Olga, Felipe, Iván Pino, etc. Mais o coñecemento está disperso e cremos que se precisa un lugar de referencia, centralizador e distribuidor ó tempo.
Así nace Comunicaciong, un blog que pretende ser un lugar de visita para todos aqueles interesados no mundo da comunicación nos sectores asociacionista e das ong.
Trataremos nese blog de ir desenvolvendo as ideas-clave que se fai necesario coñecer nun mundo informacional, fomenta-la reflexión sobre a potencia que nos otorga a rede de cara a crear espacios de participación e deliberación. Obxectivos bastante ambiciosos. Esperamos que nos acompañedes nesta viaxe! :D
O informe sobre os números do informacionalismo é -por pura gramática cultural- o que levaba tempo esperando: unha sinal clara de que o informacionalismo está aquí e temos que pensa-lo progreso coas súas regras, diferenciar táctica e estratexia.
Non se convirte en máis real o informacionalismo porque o diga o Banco Mundial, mais sí cobra máis importancia porque (debido a quen o publica) se convirte no punto de arranque de moitos debates no sector da cooperación e sociedade civil.
Cada modo de desenvolvemento ten os seus conflitos propios, sempre ligados á propiedade do traballo, ó motor da economía. A era agraria descubriunos que o conflito xurdía pola posesión das terras, a industrial ríxese polo conflito en torno á propiedade e xestión das fábricas. A era informacional non é allea a esta dicotomía histórica entre as forzas produtivas e as relacións de produción. Así, neste momento histórico, o conflito reside na propiedade da información (ou na súa non-apropiación). E a súa cara actual (un mundo con restriccións ó uso da información e monopolios informacionais) non só ten consecuencias económicas graves (redúcese a creación de riqueza) senón tamén políticas (foméntanse a concentración da riqueza).
Apoiar hoxe o software libre, a cultura e coñecemento abertos non é un mero posicionamento estético, algo marxinal políticamente. Convírtese na principal batalla polo desenvolvemento e o progreso.
Porque o obxectivo é o progreso, e como dixo Javi Vázquez:
O que estamos a defender é unha sociedade baseada no coñecemento como actividade económica principal.
Unha sociedade que desenvolva a súa calidade de vida, o seu benestar, ó redor da explotación dese coñecemento, da innovación e colaboración sobre el. E o software libre é unha ferramenta que, de forma natural, se integra nese obxectivo, se alinea con esa estratexia para alcanzalo, porque responde a esa fórmula de colaboración e de traballo.
Non é unha cuestión de defende-lo software libre, senón de defender unha sociedade baseada no coñecemento.
A través de Juan Freire chego a un informe, un bo resumo do informe e unha entrevista con Kirk Hamilton, economista do Banco Mundial. O informe versa sobre a riqueza das nacións no século XXI (no informacionalismo), que divide entre capital natural, manufacturado e intanxible:
The World Bank study defines natural capital as the sum of cropland, pastureland, forested areas, protected areas, and nonrenewable resources (including oil, natural gas, coal, and minerals).
Produced capital is what most of us think of when we think of capital: machinery, equipment, structures (including infrastructure), and urban land. But that still left a lot of wealth to explain. “As soon as you say the issue is the wealth of nations and how wealth is managed, then you realize that if you were only talking about a portfolio of natural assets, if you were only talking about produced capital and natural assets, you’re missing a big chunk of the story,” Hamilton explains.
The rest of the story is intangible capital. That encompasses raw labor; human capital, which includes the sum of a population’s knowledge and skills; and the level of trust in a society and the quality of its formal and informal institutions. Worldwide, the study finds, “natural capital accounts for 5 percent of total wealth, produced capital for 18 percent, and intangible capital 77 percent.”
Social institutions are most crucial. The World Bank has devised a rule of law index that measures the extent to which people have confidence in and abide by the rules of their society. An economy with a very efficient judicial system, clear and enforceable property rights, and an effective and uncorrupt government will produce higher total wealth.
Na entrevista con Ronald Bailey, Hamilton explica de novo -cun humor e claridade que se agradecen- en qué consiste o capital intanxible:
Intangible capital is capital that has an economic value but is not something you can drop on your foot.
It’s the preponderant form of wealth. When we look at the shares of intangible capital across income classes, you see it goes from about 60 percent in low-income countries to 80 percent in high-income countries. That accords very much with that notion that what really makes countries wealthy is not the bits and pieces, it’s the brainpower and the institutions that harness that brainpower. It’s the skills more than the rocks and minerals.
E, a pesar de levar tempo falando do
informacionalismo, non deixan de sorprenderme os seus números:
el informe del Banco Mundial estima que mientras el capital natural representa sólo el 5% de la riqueza mundial y el capital manufacturado el 18%; el capital intangible representaría la mayor parte de la riqueza, un 77%.
Además de esta evidencia, la comparación entre países ricos y pobres (las tablas recojen los datos de los 10 más ricos y más pobres) es especialmente relevante. El capital intangible determina la mayor parte de la riqueza incluso en los países pobres, entorno al 60%, contradiciendo la idea de que estos países dependen fundamentalmente de sus recursos naturales.
De hecho, es paradigmático el caso de Nigeria, aquejado de graves problemas de pobreza a pesar de sus grandes recursos minerales pero que presenta valores de capital intangible negativos. Por el contrario, en los países ricos la importancia del capital intangible crece hasta valores próximos al 80% de media
O intanxible imponse ó tanxible. E desta premisa debemos aprender para reformular as estratexias de desenvolvemento:
Reason: Fifty years ago at the World Bank, it was all about tangible capital-factories, railroads, dams, and roads. Now it seems that enhancing intangible capital is huge, comparatively speaking, if the bank wants to spur more development.
Hamilton: In the old days, we thought if you built the infrastructure then development would come-the Field of Dreams model of development. It turns out to be a lot harder than that.
Ou en palabras de Juan Freire,
La economía del desarrollo ha documentado diversas evidencias que indican que en los países en desarrollo son aquellos proyectos basados en tecnologías ligeras y baratas ideados y gestionados por emprendedores locales los que alcanzan mayores tasas de éxito, mientras que los planes que se apoyan en una “burocracia masiva” asociada a la ayuda y planificación gubernamental suelen ser mucho menos eficaces.
Ese es el argumento de buena parte del trabajo de William Easterly (comentado aquí y aquí). Son especialmente inetersantes en este sentido su artículo de 2006, Planners vs. Searchers in Foreign Aid, en Asian Development Review (pdf). y sus libros de 2001, The Elusive Quest for Growth: Economists’ Adventures and Misadventures in the Tropics, y The White Man’s Burden: Why the West’s Efforts to Aid the Rest Have Done So Much Ill and So Little Good.