2006-08-10

¿U-la dereita galega e responsable?

Arquivado en: arde galiza, dende gz, no bazar — nes @ 9.35 pm | Traducir a: español - català

O lider fala…
onde hai gobernos divididos como o famoso tripartito en Cataluña ou o bipartito aquí, é onde hai máis lumes“. Fraga dixit.

…e a dirección entende: hai que vende-lo caos. A posta en escena:
>> A comitiva de Rajoy e Feijoo visita un lugar afectado. De repente reavívase un foco e alguén da mesma se apresura a apaga-lo lume. A metáfora queda clara.
>> Crean un “gabinete de crise autónomo” en cada un dos seus concellos: o alcalde, concellal de medio natural e os xefe da policía e protección civil. Nada de integrarse na axuda da Federación de Concellos nin oir falar da Xunta. Hai que vender descoordinación.

Chega o verdadeiro cortocircuito. Brota a culpa, o pecado:
Nosotros, con el Prestige teníamos montado un gabinete de crisis a las 48 horas“, oio dicir a Rajoy na TVG.

As bases tamén entenden:
[SMS1]El bipartito gallego descabezo el Servicio de Incendios de Fraga,les acuso de beneficiarse de los incendios.Resultado 4 muertos,40000 Has quemadas en 4 dias y lo que falta ¿Donde estan nunca mais y el resto de la manifestacion? pasalo[/SMS1]

[SMS2]En la crisis del chapapote cero muertos y a dia de hoy las playas de galicia las mas limpias de ESPAÑA. Con los incendios de este verano 3 muertos y los daños medioambientales duraran varias decadas.¿Donde estan los del NUNCA MAIS? Dimision de ZP, Narbona y Touriño. PASALO[/SMS2]

Señor Feijoo, por favor, apareza. Faga ver de novo a dereita responsable que asomaba pola porta no arranque da discusión do estatuto (unha reunión BNG-PP hai 3 anos era impensable, alomenos que quixeran tirarse dos pelos).

Entendo o xogo da política. Goberno-oposición. Pero hai límites. Eses límites son os que separan os partidos responsables dos irresponsables, os partidos que buscan a confianza da poboación e os que buscan a súa sumisión.

Galiza precisa de partidos que busquen da confianza dos seus cidadáns. Non que nos avasallen outros 16 anos.

2 Comentarios »

  1. [...] Precisamos dunha dereira galega responsable xa! ch! | | [...]

    Aviso (Pingback) por O bazar de nes » O que con lume xoga, logo se queima — 2006-09-12 @ 1.25 am

  2. [...] Precisamos dunha dereira galega responsable xa! ch! | | | [...]

    Aviso (Pingback) por O bazar de nes » O que con lume xoga, logo se queima — 2007-06-19 @ 9.39 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario