2006-10-31

O materialismo cultural na identificación de proxectos de cooperación

Arquivado en: cooperaccion, destacados, no bazar — nes @ 10.42 pm | Traducir a: español - català

taller identificación de proxectos¿Qué ten que ver Marvin Harris cos proxectos de cooperación?

Logo da magnífica charla de Paco Raigón teño que dicir que moito. Mais non só cos de cooperación. Ser un pouco antropólogos axuda a comprende-la realidade. Perlas como ésta quedan aínda na miña mente…

La agricultura es una de las herramientas culturales desarrolladas por el hombre para interactuar con el medio ambiente, desarrollada para satisfacer sus necesidades en el proceso de supervivencia evolutivo.

PerfilesO taller estaba enfocado a entende-lo proceso de identificación de proxectos de cooperación no sector agropecuario. Pero os temas expostos desbordaron esa amplia fronteira.

De todo o exposto quédome -como non facelo- coa cartografía das redes de persoas da comunidade (imprescindibles para entende-la aceptación de propostas e ter éxito no proxecto) e cos perfiles porcentuais de caracterización das persoas.

Moitas veces sorpréndeme ver que na realización de certos proxectos non se ten en conta que vivamos onde vivamos, temos unhas mesmas estratexias de supervivencia (aínda que varíen os bens e condicións de vida expostos) e unha disposición similar para adaptarnos ós cambios: en todos lados os hai innovadores, conservadores, progresistas… e todo depende dos incentivos e riscos que se nos vaian no proceso.

bananosEn parte, por isto se fai necesaria unha ollada en clave de materialismo cultural para a cooperación, porque é o enfoque adecuado para comprende-la realidade allea. Fóra de clichés e máis alá do relativismo cultural.

Déixovos a presentación [PDF 1.2Mb] para que a disfrutedes. Aínda que nunca será o mesmo que presencia-lo taller, face-la dinámica e come-los bananos!

2006-10-30

Unha visión global: problemas e martillos

Arquivado en: no bazar, sabiduriida — nes @ 12.42 am | Traducir a: español - català

Quien solamente tiene un martillo, todos los problemas los resuelve con un clavo.

Dirk Jung

Relacionadas:

2006-10-26

Ciberpunk: a literatura do século XXI

Arquivado en: libros, no bazar — nes @ 9.31 pm | Traducir a: español - català

Creo na literatura, nas historias. E hai certo tipo de literatura que explica mellor que outra certas situacións. Xa falamos disto un tempo atrás en Novela negra, guerra fría e comprensión da realidade.

Aínda que non o dixera explícitamente nese momento, parecía evidente que a novela negra fáiseme o xénero por antonomasia dos anos convulsos, da guerra fría. Dun inicial capitalismo moi distinto ó actual.

A literatura de referencia da sociedade rede, é, sen dúbida, a ciencia ficción: o ciberpunk. Asento a idea logo de ler La era del diamante: manual ilustrado para jovencitas (mil gracias Fran! pola recomendación e o libro). E estou convencido de que Stephenson é a persoa que necesitaba para recoñece-la e dar crédito á nova literatura semilla.

Agora, xa dispostos a madurar novas ideas que crezan como unha enredadeira, e non como unha árbore. A pesar de que a descubra tardíamente, nunca é tarde para coñecer que…

… o futuro inflúe máis no presente que o pasado.

A mitopoiesis como acción política

Arquivado en: no bazar, sabiduriida — nes @ 9.05 pm | Traducir a: español - català

Generalmente, el mito es la verdad rumorosa de los jodidos, los vencedores tienen la televisión en cadena nacional ( … ) La leyenda de la peregrinación a la búsqueda de Aztlán, Wyatt Earp en el OK Corral, los poemas de Byron y Espronceda, las aventuras de Sandokan y los Tigres de Malasia, el día en que papá se le puso enfrente a su jefe y lo mandó a chingar a su madre, las canciones donde aparecen tres jinetes en el cielo (Dios, Zapata y Jaramillo), Pedro Infante de pobre reivindicador, no son una colección de material de mentiras, son otra cosa, algo esencial: son nuestras vidas.

Paco Ignacio Taibo II, texto completo.

Visto en Esta revolución no tiene rostro.

Ciencia posmoderna

Arquivado en: no bazar, sabiduriida — nes @ 8.53 pm | Traducir a: español - català

Aquellos que asumen las hipótesis como primeros principios de sus elucubraciones… puede que efectivamente formen un ingenioso relato, pero un relato seguirá siendo un relato.

Roger Cotes, prefacio a Principia Mathematica de sir Isaac Newton

Relacionadas neste blog:

2006-10-22

Recopilando: activismo open source

Arquivado en: cooperaccion, destacados, no bazar — nes @ 11.50 pm | Traducir a: español - català

Éste vai ser un post de posts. Unha recopilación para entender qué me falta, qué debo aínda explicar e coñecer. Espero vos sexa de axuda para contextualizarme.

A andadura deste bazar comezou cunha declaración de intencións ambiciosa: falar do que nos rodea dende unha perpectiva open source e coa lóxica do mundo rede.

Nestas condicións, hai xa algún tempo que ando pensando no significado da acción política, do activismo. ¿Qué significa ser activista no século XXI? Logo dalgunhas vivencias persoais e de ler diariamente a dous maestros: Juan Freire e David de Ugarte xa vou tendo algún coñecemento residual. O que segue é a recopilación do que fun poñendo neste blog.

O activismo Open Source

Ser activista significa querer modificar unha situación de partida, polo que primeiro hai que coñecela. Faise necesario entón comprende-la globalización, a configuración dun mundo hiperpolar. Desterritorializa-la mirada para crear con éxito redes de persoas transnacionais.

Significa, despois, coñece-las ferramentas que nos permiten crear e difundi-lo noso discurso, configura-la identidade. Pensar dende a lóxica das redes distribuidas, donde non hai poder de filtro nin de control. Só podemos propoñer.

E, por fin, madurar unha estratexia que retroalimente as propostas da rede co territorio que nos rodea.

Este é o lugar actual, aquí é onde estamos: tratando de entender cómo realizar con éxito o último proceso.

2006-10-20

Identidade e globalización: a neofeudalización

Arquivado en: cooperaccion, destacados, informacionalismo, no bazar — nes @ 2.37 pm | Traducir a: español - català

Nichos de mercado, comunidades virtuais, tribus urbanas, … todos son palabras que condensan (en diferentes linguaxes) o que todos xa sabemos e que reflexa moi ben este dito:

En teoría todas las personas somos iguales. En la práctica todas somos distintas.

Cada un de nós ten unhas motivacións e necesidades singulares, individuais: ésas que nos configuran e que nos fan sentir pertencentes a un grupo. En realidade, a varios, potenciando o noso ser indidual en varias das súas facetas. A individualización:

En realidad de lo que estamos hablando es de la diferencia entre individualización e individuación. Mientras la primera es en realidad una forma de socialización entre pares, no mediada por instituciones, castas o capas de ningún tipo, la segunda representa una forma de aislacionismo, de separatismo personal que acaba afirmando, al fin, la imposibilidad de la comunicación con el otro en el más puro relativismo cultural. Mientras la primera surge de la posibilidad de renegar de los intermediarios, la segunda surge de renegar de la vida social.
[…]
Quien quiera individuarse no tiene nada que hacer en la red virtual, una herramienta que sirve exclusivamente para comunicar.

David de Ugarte

Nun ambiente fortemente territorializado (é dicir, con poucas posibilidades de relación co exterior), as comunidades reprimen as capacidades de cada individuo, obténdose un resultado que non satisface a ningún dos seus membros. Obtense unha solución sub-óptima. Nestas condicións, certos aspectos do noso ser non podemos potencialos.

Pola contra nun mundo global, ubicuo e móvil, todo está ó alcance de todos. Potencialmente. E comeza a ser posible explotar tódalas identidades dun mesmo. Esto tamén se pode teorizar co concepto de Long Tail, ou Longa Cola (a parte amarilla da imaxe): coa globalización é viable a existencia de moitos pequenos grupos, comunidades ou nichos de mercado. Ademáis, en suma, todas esas pequenas comunidades son maiores que as poucas comunidades grandes. Os mecanismos que potencian a globalización non homoxeinizan, senón que heteroxeinizan.

Así, cos mecanismos que dan lugar á globalización vai sendo posible crear grupos de persoas transnacionais, non adscritos a territorios, senón unidos por interese comúns. A identidade xa non está ligada ó territorio. Tampouco ás comunidades “duras”. Estamos ás portas do que se coñece como neofeudalismo, as tribus globais.

2006-10-19

De novo na casa…

Arquivado en: cooperaccion, no bazar — nes @ 11.03 pm | Traducir a: español - català

Xa estou aquí de novo. Logo duns días desconectado, aquí estou. A ponte en Málaga foi do máis intensa. Aínda que acudía con esperanzas, éstas víronse desbordadas. Non hai nada como traballar con persoas apaixoadas polo que fan.

Perdoade esta pequena homenaxe.

2006-10-07

Activista da abrazoterapia

Arquivado en: no bazar, retranca — nes @ 7.16 pm | Traducir a: español - català

Vía De Ugarte atopo o seguinte video. O poder dos abrazos seguirá sempre connosco ;)

2006-10-06

Webs de eventos e publicidade open source

Arquivado en: destacados, informacionalismo, no bazar — nes @ 2.42 pm | Traducir a: español - català

Fundamentos web 2006

Estes días celebrouse o congreso de Fundamentos Web 2006, organizado polo W3C (oficina española) e a Fundación CTIC.

Máis que comenta-lo congreso (algo que xa fixo moito e mellor a blogosfera) quero falar da web do evento e a publicidade do mesmo. Dos elementos que a compoñen e cómo se fomentan os puntos de encontro e conversa dende a propia web central.
A web publicitaria do evento posúe elementos duros. Chámoos duros porque pretenden fomenta-lo coñecemento dende o centro, dende os organizadores. E son os que seguen:

  • Unha web do evento. Evidente.
  • Noticias actualizadas sobre o congreso. Previas á súa realización.
  • Sindicación de contidos.
  • Notas de prensa referidas ó mesmo.
  • Info sobre os actos e os ponentes.
  • A documentación do evento. Tamén previamente, na medida do posible.
  • Retransmisión do evento en directo.

Por outra parte, e como ítems interesantes, están os elementos blandos, os que buscan vertebrar unha conversa en torno ó evento dende a periferia. Os que seguen:

Estes últimos elementos (e principalmente a actitude dos organizadores) son os que configuran a “longa cola” das comunidades da que fala Juan Freire, en contraposición coa “curta cola” da fama (eu diría máis: do status quo).

Evidentemente, os organizadores desexan que se fale do seu evento e se comente. Pero non só. A partir da recollida dos post doutros actores alleos, configúrase de facto unha comunidade en torno á que informarse máis alá do centro. Unha comunidade que participou no evento e ten cousas que dicir.

Éste é o modelo que deberiamos seguir os que pretendemos construir axenda pública e tecer redes de persoas. Un modelo open source. Aberto á conversa.

2006-10-05

Galeano firma o Estarivel

Arquivado en: cooperaccion, dende gz, no bazar — nes @ 10.15 pm | Traducir a: español - català

Actualización 06Oct: a portada do Estarivel asinada por Galeano.

Hai unha forza máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade.
Albert Einstein

Galeano firmando o EstarivelA verdade é que tivemos sorte. A presenza de Eduardo Galeano estes días en Compostela veunos de perlas. Unha vez o supemos tivémolo claro: había que intentar conseguir que nos firmase o #12 do Estarivel. O #1 da retomada época. E alá fomos.

Compostela vestiuse de gala para recibir a Galeano. A sala de Caixa Galicia abarrotada. O autor recitando algúns relatos moi coñecidos.

E gracias á nosa reporteira máis dicharacheira (Lady Ná) e ó noso fotógrafo máis comprometido (Berto glorietas) conseguímo-lo obxectivo: o Estarivel firmado por Eduardo Galeano (portada coa sinatura [PDF 471Kb]). Non tiñamos gafas que regalarlle ó estilo CQC, pero regalámoslle -a modo de modesta devolución- a definición física de solidariedade (coa que Natalia sempre nos ilumina) xunto cun exemplar da revista. Apenas quedan unhas palabras. Pero tamén de palabras vive o home.

Unha vez rematado o traballo duro, só queda disfrutar e celebralo. Coa esperanza de que lle botedes un vistazo, aquí tedes o Estarivel [PDF 533Kb].

Poderedes atopar, entre outras cousas:
OPINIÓN… de Eva Docampo e Jorge Molinero sobre a situación do pobo Saharaui.
ENTREVISTA A… ex-representante de España na FAO e no PMA: Ignacio Trueba.
Ó MELLOR NON SABÍAS… as cifras da inmigración.
REPORTAXE… A “crise da auga” como un problema de xestión.

2006-10-04

Científicos e aproximación á realidade

Arquivado en: no bazar, sabiduriida — nes @ 12.00 pm | Traducir a: español - català

Pensé que les gustaría ver el calzado que llevan los ángeles. Sólo por curiosidad. No intento demostrar nada, dicho sea de paso. Soy científico, y sé lo que es una prueba. Pero el motivo por el que me hago llamar por mi nombre de infancia es para recordarme que un científico tiene que ser como un niño. Si ve algo, debe decir lo que es, tanto si se trata de lo que esperaba ver como si no.

Primero ver; luego pensar; y después, comprobar. Pero siempre hay que ver primero. Si no, sólo se ve lo que uno espera ver. Muchos científicos lo olvidan. Luego les enseñaré algo para demostrarlo.

Así que, la otra razón por la que me hago llamar Wonko el Cuerdo es para que la gente crea que estoy loco. Eso me permite decir lo que veo cuando lo veo. No se puede ser científico si a uno le importa que la gente piense que está loco. De todos modos, pensé que también les gustaría ver esto.

Wonko el Cuerdo en Hasta luego, y gracias por el pescado.
Douglas Adams, trilogía en 5 partes de la Guía del Autoestopista galáctico

Seguinte páxina »