2007-10-31

Hacia a Cósmica: comunicaciong e LIS

Arquivado en: cooperaccion, no bazar — nes @ 6.52 pm | Traducir a: español - català

Dentro de apenas 12 horas saímos para a cósmica. Tratarei de axenciarme no bus un portátil para ir rematando os últimos retoques estéticos da presentación… pero mentres estou en Coruña dando os últimos retoques (e a piques de asistir á charla de Molinero sobre a “crise” hídrica). Simultáneamente, Fran dende Vigo descargando videos de YouTube e GVideo por si non tivésemos acceso a internet no albergue. Un plan B.

E niso estamos cando descubro este video de Olga, onde ela e Felipe explican en qué consiste o Laboratorio de Innovación Social. Xenial!

2007-10-19

No sólo software

Arquivado en: no bazar — nes @ 12.50 pm | Traducir a: español - català

Hoxe comeza o máster en soft libre. E, logo de asentarme en Coruña, xa podo dicir que comeza tamén un novo ano para min. E Comeza forte. Co taller da cósmica sobre comunicación e o proxecto Comunicaciong. Pero principalmente polo traballo que suporá integrarme nunha comunidade de aprendices, de constructores de software. E ó redor desto xurde outro proxecto persoal: No sólo software, outro blog onde terán cabida aqueles post máis técnicos, onde tratarei de mostrar o día a día do traballo no máster. Pero non só iso.

Un ano duro e estimulante á vez. Esto promete.

2007-10-18

Tu Quoque Iolanda?

Arquivado en: dende gz, no bazar — nes @ 5.07 pm | Traducir a: español - català

Actualización 19 Outuibro: Calidonia tamén escribe sobre isto. E danos unha pequena colleja.
A poucos lle sentan ben as críticas, aínda que sexan éstas humorísticas ou parodias, mera retranca galega. Pero só algúns acuden ó xulgado para que non fagan chistes sobre eles.

Tu quoque Iolanda?

2007-10-15

Blog action day: Informacionalismo e medio ambiente

Arquivado en: no bazar — nes @ 3.25 pm | Traducir a: español - català

[Únome á convocatoria do BlogActionDay cun post sobre o informacionalismo e o medio ambiente.]

A dicotomía progreso VS natureza está máis presente ca nunca nos debates sobre a sostibilidade do noso modo de vida. E debemos saber que abandoa-lo modo de vida industrial en favor do informacional, non só é fuxir dunhas relacións alienantes de produción, non só é correr hacia o aumento da produtividade e riqueza que nos levarán a disfrutar de maiores cotas de benestar.

Esta fuxida hacia o futuro, supón tamén reencontrarse co ecoloxismo.

Non só pola mera informatización de procesos que ata o de agora consumían a meirande cantidade de papel, ou porque non se estilen as tarxetas de visita nun mundo no que a podemos levar como tarxeta de visita bluethoot no noso dispositivo móvil favorito co conseguinte aforro de papel. Estas son pequenas vantaxes, aristas dun poliedro meirande: o actual modo de desenvolvemento. A potencia do informacionalismo radica en conseguir maiores cotas de produtividade á vez que é menos agresivo co medio. Ésa é a súa potencia.

A era industrial chegou ó seu ocaso:

Lo que ocurre con el nivel de vida de nuestros días ya ha ocurrido en el pasado. Nuestra cultura no es la primera tecnología que ha fracasado. Tampoco es la primera que ha alcanzado sus límites de crecimiento. Las tecnologías de culturas anteriores fracasaron repetidas veces y fueron reemplazadas por nuevas tecnologías. Los límites de crecimiento fueron alcanzados y trascendidos sólo para ser alcanzados y trascendidos una vez más.

E non deberíamos botala de menos.

2007-10-14

Do proxecto comunicaciong

Arquivado en: no bazar — nes @ 2.33 pm | Traducir a: español - català

Como anunciamos algúns días atrás, Fran e máis eu daremos unha ponencia sobre comunicación na era dixital durante a asamblea anual da Federación española de ISF. A asamblea, ademáis de ser un dos puntos de encontro de todas as ISF integradas na federación, crea tamén espacios para a reflexión e posta en común. Trátase de crear un lugar onde compartir experiencias en torno a uns eixos temáticos. Este ano serán a comunicación e a enerxía.

Particularmente, no noso taller, pretendemos expoñer algunhas das ideas que aprendemos coas experiencias dos blogs en esf galicia, e de ler moito ós que máis saben.

Mais somos conscientes que un evento así apenas chega para inicia-lo movemento, precísase de algo máis. Por iso, o noso enfoque do taller é como un punto de arranque, como unha palanca que incita a acción.

Por outra banda, parécenos que non existe un lugar na rede dedicado específicamente a recolle-las experiencias e aprendizaxe de outros actores no sector da comunicación en asociacións e ong, aínda que sí existe moita xente que trata o tema e traballa niso, como Olga, Felipe, Iván Pino, etc. Mais o coñecemento está disperso e cremos que se precisa un lugar de referencia, centralizador e distribuidor ó tempo.

Así nace Comunicaciong, un blog que pretende ser un lugar de visita para todos aqueles interesados no mundo da comunicación nos sectores asociacionista e das ong.

Trataremos nese blog de ir desenvolvendo as ideas-clave que se fai necesario coñecer nun mundo informacional, fomenta-la reflexión sobre a potencia que nos otorga a rede de cara a crear espacios de participación e deliberación. Obxectivos bastante ambiciosos. Esperamos que nos acompañedes nesta viaxe! :D

2007-10-13

Informacionalismo, progreso e conflitos

Arquivado en: no bazar — nes @ 6.36 pm | Traducir a: español - català

O informe sobre os números do informacionalismo é -por pura gramática cultural- o que levaba tempo esperando: unha sinal clara de que o informacionalismo está aquí e temos que pensa-lo progreso coas súas regras, diferenciar táctica e estratexia.

Non se convirte en máis real o informacionalismo porque o diga o Banco Mundial, mais sí cobra máis importancia porque (debido a quen o publica) se convirte no punto de arranque de moitos debates no sector da cooperación e sociedade civil.

Cada modo de desenvolvemento ten os seus conflitos propios, sempre ligados á propiedade do traballo, ó motor da economía. A era agraria descubriunos que o conflito xurdía pola posesión das terras, a industrial ríxese polo conflito en torno á propiedade e xestión das fábricas. A era informacional non é allea a esta dicotomía histórica entre as forzas produtivas e as relacións de produción. Así, neste momento histórico, o conflito reside na propiedade da información (ou na súa non-apropiación). E a súa cara actual (un mundo con restriccións ó uso da información e monopolios informacionais) non só ten consecuencias económicas graves (redúcese a creación de riqueza) senón tamén políticas (foméntanse a concentración da riqueza).

Apoiar hoxe o software libre, a cultura e coñecemento abertos non é un mero posicionamento estético, algo marxinal políticamente. Convírtese na principal batalla polo desenvolvemento e o progreso.

Porque o obxectivo é o progreso, e como dixo Javi Vázquez:

O que estamos a defender é unha sociedade baseada no coñecemento como actividade económica principal.

Unha sociedade que desenvolva a súa calidade de vida, o seu benestar, ó redor da explotación dese coñecemento, da innovación e colaboración sobre el. E o software libre é unha ferramenta que, de forma natural, se integra nese obxectivo, se alinea con esa estratexia para alcanzalo, porque responde a esa fórmula de colaboración e de traballo.

Non é unha cuestión de defende-lo software libre, senón de defender unha sociedade baseada no coñecemento.

Informacionalismo e a riqueza das nacións

Arquivado en: cooperaccion, informacionalismo, no bazar — nes @ 5.23 pm | Traducir a: español - català

A través de Juan Freire chego a un informe, un bo resumo do informe e unha entrevista con Kirk Hamilton, economista do Banco Mundial. O informe versa sobre a riqueza das nacións no século XXI (no informacionalismo), que divide entre capital natural, manufacturado e intanxible:

The World Bank study defines natural capital as the sum of cropland, pastureland, forested areas, protected areas, and nonrenewable resources (including oil, natural gas, coal, and minerals).

capitalProduced capital is what most of us think of when we think of capital: machinery, equipment, structures (including infrastructure), and urban land. But that still left a lot of wealth to explain. “As soon as you say the issue is the wealth of nations and how wealth is managed, then you realize that if you were only talking about a portfolio of natural assets, if you were only talking about produced capital and natural assets, you’re missing a big chunk of the story,” Hamilton explains.

The rest of the story is intangible capital. That encompasses raw labor; human capital, which includes the sum of a population’s knowledge and skills; and the level of trust in a society and the quality of its formal and informal institutions. Worldwide, the study finds, “natural capital accounts for 5 percent of total wealth, produced capital for 18 percent, and intangible capital 77 percent.”

Social institutions are most crucial. The World Bank has devised a rule of law index that measures the extent to which people have confidence in and abide by the rules of their society. An economy with a very efficient judicial system, clear and enforceable property rights, and an effective and uncorrupt government will produce higher total wealth.

Na entrevista con Ronald Bailey, Hamilton explica de novo -cun humor e claridade que se agradecen- en qué consiste o capital intanxible:

Intangible capital is capital that has an economic value but is not something you can drop on your foot.

It’s the preponderant form of wealth. When we look at the shares of intangible capital across income classes, you see it goes from about 60 percent in low-income countries to 80 percent in high-income countries. That accords very much with that notion that what really makes countries wealthy is not the bits and pieces, it’s the brainpower and the institutions that harness that brainpower. It’s the skills more than the rocks and minerals.

E, a pesar de levar tempo falando do capital-paisesinformacionalismo, non deixan de sorprenderme os seus números:

el informe del Banco Mundial estima que mientras el capital natural representa sólo el 5% de la riqueza mundial y el capital manufacturado el 18%; el capital intangible representaría la mayor parte de la riqueza, un 77%.

Además de esta evidencia, la comparación entre países ricos y pobres (las tablas recojen los datos de los 10 más ricos y más pobres) es especialmente relevante. El capital intangible determina la mayor parte de la riqueza incluso en los países pobres, entorno al 60%, contradiciendo la idea de que estos países dependen fundamentalmente de sus recursos naturales.

De hecho, es paradigmático el caso de Nigeria, aquejado de graves problemas de pobreza a pesar de sus grandes recursos minerales pero que presenta valores de capital intangible negativos. Por el contrario, en los países ricos la importancia del capital intangible crece hasta valores próximos al 80% de media

O intanxible imponse ó tanxible. E desta premisa debemos aprender para reformular as estratexias de desenvolvemento:

Reason: Fifty years ago at the World Bank, it was all about tangible capital-factories, railroads, dams, and roads. Now it seems that enhancing intangible capital is huge, comparatively speaking, if the bank wants to spur more development.

Hamilton: In the old days, we thought if you built the infrastructure then development would come-the Field of Dreams model of development. It turns out to be a lot harder than that.

Ou en palabras de Juan Freire,

La economía del desarrollo ha documentado diversas evidencias que indican que en los países en desarrollo son aquellos proyectos basados en tecnologías ligeras y baratas ideados y gestionados por emprendedores locales los que alcanzan mayores tasas de éxito, mientras que los planes que se apoyan en una “burocracia masiva” asociada a la ayuda y planificación gubernamental suelen ser mucho menos eficaces.

Ese es el argumento de buena parte del trabajo de William Easterly (comentado aquí y aquí). Son especialmente inetersantes en este sentido su artículo de 2006, Planners vs. Searchers in Foreign Aid, en Asian Development Review (pdf). y sus libros de 2001, The Elusive Quest for Growth: Economists’ Adventures and Misadventures in the Tropics, y The White Man’s Burden: Why the West’s Efforts to Aid the Rest Have Done So Much Ill and So Little Good.

2007-10-11

O poder das redes na “cósmica”

Arquivado en: no bazar — nes @ 2.59 pm | Traducir a: español - català

En Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, hai algo máis de ano e medio que se iniciou o uso dos blogs como ferramenta de comunicación, porque se confiaba neles. ESF é a primeira ONG galega que o fixo e unhas das primeiras de España.

Ós poucos, a dirección xeral de cooperación da Xunta iniciou un proceso similar para os seus bolseiros no Sur (aínda que agora recuaron e xa non están dispoñibles os blogs dos novos bolseiros).

Esta foi unha forte aposta que foi crecendo ó longo do tempo: salvador, nicaragua, sahara, honduras, campaña de auga, … de todos eles eu téñolle un especial cariño ó de nica, pois Sergio conseguiu entende-la filosofía e a potencia dos blogs… e realizou á perfección (e aínda realiza) a transferencia de coñecementos ós posteriories PCR.

Así, logo dun tempo probando e probando… e sobre todo lendo moito dos que máis saben.. Fran e máis eu decidimos que tocaba formalizar este coñecemento residual que imos tendo. E así nos chegou a oportunidade.

Na próxima asamblea federal da Federación de Ingeniería Sin Fronteras española daremos unha ponencia sobre o poder das redes aplicado ás ongd. Mais iso non é suificiente… e pronto teredes máis sorpresas :D

Piso na Coruña… done

Arquivado en: no bazar — nes @ 12.15 am | Traducir a: español - català

Volvo a recupera-la fé na humanidade… e nos caseiros de Coruña.

Logo dunha xornada inicial de búsqueda “analóxica”, de método convencional (recorrer lugares clásicos e tirar de teléfono) paseime ó método “dixital” de investigar ofertas na rede (non me deixa de sorprender o auto-reflexo-condicionado de inicia-la búsqueda no mundo analóxico: o poder das costumes). Recoméndovolo.. é sinxelo e sempre podes investigar máis sobre a vida e obra dos teus futuros co-inquilinos e intercambiar correos sobre intereses mutuos.

E así, tirando do poder das redes atopei piso. Porque realmente non só eu estaba pateándome Coruña, senón todos os que me escribiron mails e sms con ánimos, números ou recomendacións, promesas de cervexa, etc.

E agora toca cerra-las prácticas e comeza-lo traballo. Unha nova etapa.

2007-10-09

Piso na Coruña… searching

Arquivado en: dende gz, no bazar — nes @ 12.59 am | Traducir a: español - català

Logo dun día enteiro “de paseo” por Coruña (moi levadeiro gracias ó meu guía … gracias Quique!) non atopamos ningún sitio onde mereza a pena vivir.. se un quere conservar a saúde (física e mental).

Teño ata 3 páxinas da moleskine emborronadas con números, cifras, lugares, citas. A maioría xa alquilados, os “prometedores” con esixencias dignas dunha peli dos Marx e persoaxes sacados dunha novela de Kafka.

Lara cóntanos que en Gante non se alquila nada, que lle costou atopar piso. E creo que na Coruña non debería alquilarse.. a metade do que se alquila.

Segue a búsqueda de piso..

2007-10-06

¿Por qué este máster de software libre?

Arquivado en: no bazar — nes @ 5.19 am | Traducir a: español - català

Superada a emoción inicial, toca escribir unha reflexión importante para min: ¿por qué cursar este máster de software libre?

A resposta primeira é que desexo aprender, e que mellor entorno para facelo que estar cos mellores:

Igalia é unha empresa que coñezo apenas de un par de meses de prácticas e algunha entrevista, pero podo dicir que as súas metodoloxías de traballo coinciden plenamente coas miñas propias. O nivel técnico do seu persoal é moi elevado, non envexa nada ós mellores hackers do resto do mundo, o que -entre outras cousas- a posicionou no consello asesor de GNOME e como un dos sponsors da iniciativa GMAE xunto cos grandes xigantes europeos, norteamericanos e .. sudafricanos.

Sendo así, estou seguro de que pode aportar -e aportará- unha visión empresarial e técnica moi fiable.

Polo lado universitario e de investigación, encóntrase o grupo Libresoft da Universidade Rey Juan Carlos, que é un dos principais axentes dinamizadores a nivel europeo no que se refire a estudios cuantitativos e formalización do análise de proxectos de software libre, algo que neste momento me interesa bastante.

E nin sequera discutirei as abrumadoras biografías do comité asesor.

Todo isto, faime pensar que éste é o mellor lugar para crecer como programador de software libre.

Ademáis, integrarse nunha comunidade cos teus mesmos motores vitais… ben, eso simplemente é un gustazo. Tamén neste sentido espero que se cumplan as expectativas, e o modelo educativo se pareza o máis posible ó modo de relacionarse nunha comunidade, porque así é como aprendemos, a base de iteracións socializadas.

Para finalizar, dicir que este máster debe nacer co espíritu dun evento efímero, como un esforzo dos mumis igalia e libresoft por intensifica-la forza de traballo do software libre nun momento no que escasea. Mais a longo plazo o seu obxectivo será desaparecer ou reconvertirse a algo máis específico, posto que as funcións que agora cubre, serán fagocitadas polas universidades.

Mais.. non futuricemos agora. Éste é momento de disfrutar. Simplemente. Disfrutar.. e buscar piso na Coruña! :D

2007-10-02

Si no creyera…

Arquivado en: no bazar — nes @ 12.29 pm | Traducir a: español - català

From: Centro Social Caixanova
To: Andrés Maneiro
Data: 02/10/2007 08:48

Una vez estudiada la documentación para la admisión al Máster en Software Libre, nos complace comunicarle que su candidatura ha sido aceptada, dado que de la valoración de la documentación se deduce que su perfil coincide plenamente con el requerido a nuestros candidatos.

É inevitable pensar agora en La maza de Silvio. Sentir que estás vivo. Sentir que tes uns motores vitais xa irrenunciables.

Estudiar e traballar no que cres non é máis que unha obligación para os hackers, para os apaixoados. E iso implica renuncias tamén. Pero cando sabes cómo eres e a onde queres chegar, non elexi-la opción adecuada non é unha opción. Por iso me embarco nesta nova aventura. Cos mellores. E fágoo porque creo, porque “si no creyera …

Si no creyera en la locura
de la garganta del sinsonte
si no creyera que en el monte
se esconde el trino y la pavura.

(máis…)