2006-06-07

Blogs e políticos

Arquivado en: destacados, no bazar — nes @ 12.29 am | Traducir a: español - català

Non basta con tender pontes. Hai que cruzalas.

Esta frase pódese aplicar en xeral ós blogs dos políticos. Salvo honrosas excepcións. Parafraseando a Sombra digital a raíz do caso da Wikipedia, na maioría dos casos sobre as novas tecnoloxías, segen cabalgando as antigas mentalidades.

A idea madura e colle sentido a raíz dunha entrada de David de Ugarte e da lectura cointinua do blog de Eva Campos.

As mentalidades que rixen nun mundo descentralizado, as das estruturas que pretenden ostentar o poder entre sí, que son centros/filtros no que ó seu ámbito se refire, non son adecuadas -nin necesarias- nun mundo distribuido.

A pregunta que -me- trataba de responder é … ¿para qué pode servir o blog dun político? ¿Para falar cos colegas, para crear debate, para auditar o acontecido nos seus respectivos ámbitos de actuación, para dar pompa do seu partido, para… ? Un milleiro de cousas. Ademáis de políticos son cidadáns.

Dacordo, mais a pesar disto, creo que o blog dun político máis que ningún outro ten a responsabilidade de alonxarse do modelo loro. Daqueles usos nas que o discurso se importa e retransmite. As campañas do partido, as consignas. Neste caso non os considero outro nodo dunha rede, senón un simple hub ou retransmisor. ¿E por qué discutir-ler-interrelacionarse cun hub tendo o nodo fonte á man? Un blog pode servir para moito máis. Para constrúir discurso dende a propia localidade (ver no vídeo anécdota das milicias en Compostela na época preguerra civil. Exemplifica claramente o que quero dicir).
Ben. Sempre nos queixamos de que non hai transparencia en política. Sempre se queixan de que non hai participación. A eterna pescadilla que se morde a cola: a demencia dos gobernantes e a desidia dos gobernados. Bueno, pois aquí temos unha plataforma para construir participación e debate.

¿Aprenderemos a usala? ¿Ou non conseguiremos apearnos do cabalo?

3 Comentarios »

  1. Eu son totalmente da túa opinión, de feito (e coa axuda dunha compañeir: Mentxu Ramilo) estamos facendo un traballado para investigar algo más no sentido que apuntas  http://www.interneteuskadi.org/wiki/inde…) e como non cambien, moitos dos políticos utilizan o seu blog como una ferramente máis de propaganda…

    Comentario por Eva — 2006-06-09 @ 8.02 pm

  2. [...] Por suposto, seguir lendo e escribindo sobre blogs e políticos, blogs e política, activismo dixital e relacionados -ó fío da celebración do e-findex así como polo proceso propio de emerxencia de certas ideas- será outro dos principais eixos desta época. [...]

    Aviso (Pingback) por O bazar de nes » Un verán en (X)HTML e CSS — 2006-06-14 @ 6.05 pm

  3. [...] Con este convencemento e algunha inquietude previa póñome a ler materiais para aclararme qué papel ten -ou que rol pode adoptar- a acción política na sociedade informacional. [...]

    Aviso (Pingback) por O bazar de nes » Política, axenda pública e ciberpoderes — 2006-06-19 @ 7.40 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario