2006-09-12

O que con lume xoga, logo se queima

Arquivado en: arde galiza, dende gz, no bazar — nes @ 1.24 am | Traducir a: español - català

En Chuza!: O PP deu instruccións aos seus Concellos para ralentizar o proceso de contratación das brigadas contraincendios.

O informe en Galicia diario e na Ser.

Cazurros! Precisamos dunha dereira galega responsable xa!

2006-08-10

Cartografiando a guerra do lume

Arquivado en: arde galiza, dende gz, marbellizacion, no bazar — nes @ 10.08 pm | Traducir a: español - català

Teléfono de voluntariado: 900 400 800 | Incendios 085 | Protección Civil 112

Fontes oficiais: Consellería de Medio Rural e novas da Xunta.

Na blogosfera:

(Actualización 14-agosto) >> O blog do campesiño e incendios forestales.

>> As sospeitas razoábeis de Calidonia, ou unha posible relación entre lumes e negocio urbanístico.
>> Os incendios forestais en Galicia. Libro de actas das xornadas de novembro do 2005 para analiza-la problemática e buscar solucións.
>> ArdeGaliza.info, Indymedia GZ,
>> As imaxes: O teu monte precisa de ti, Lume Nunca Máis, O lume é o 1º invasor, grupo público en flickr.

Os medios de comunicación convencionais:

>> Na Voz de Galicia: as causas posibles e as lagunas coa lexislación que permiten a recalificación.
>> En Vieiros fan seguemento intensivo: no escáner.

Animacións: El mundo, El País

¿U-la dereita galega e responsable?

Arquivado en: arde galiza, dende gz, no bazar — nes @ 9.35 pm | Traducir a: español - català

O lider fala…
onde hai gobernos divididos como o famoso tripartito en Cataluña ou o bipartito aquí, é onde hai máis lumes“. Fraga dixit.

…e a dirección entende: hai que vende-lo caos. A posta en escena:
>> A comitiva de Rajoy e Feijoo visita un lugar afectado. De repente reavívase un foco e alguén da mesma se apresura a apaga-lo lume. A metáfora queda clara.
>> Crean un “gabinete de crise autónomo” en cada un dos seus concellos: o alcalde, concellal de medio natural e os xefe da policía e protección civil. Nada de integrarse na axuda da Federación de Concellos nin oir falar da Xunta. Hai que vender descoordinación.

Chega o verdadeiro cortocircuito. Brota a culpa, o pecado:
Nosotros, con el Prestige teníamos montado un gabinete de crisis a las 48 horas“, oio dicir a Rajoy na TVG.

As bases tamén entenden:
[SMS1]El bipartito gallego descabezo el Servicio de Incendios de Fraga,les acuso de beneficiarse de los incendios.Resultado 4 muertos,40000 Has quemadas en 4 dias y lo que falta ¿Donde estan nunca mais y el resto de la manifestacion? pasalo[/SMS1]

[SMS2]En la crisis del chapapote cero muertos y a dia de hoy las playas de galicia las mas limpias de ESPAÑA. Con los incendios de este verano 3 muertos y los daños medioambientales duraran varias decadas.¿Donde estan los del NUNCA MAIS? Dimision de ZP, Narbona y Touriño. PASALO[/SMS2]

Señor Feijoo, por favor, apareza. Faga ver de novo a dereita responsable que asomaba pola porta no arranque da discusión do estatuto (unha reunión BNG-PP hai 3 anos era impensable, alomenos que quixeran tirarse dos pelos).

Entendo o xogo da política. Goberno-oposición. Pero hai límites. Eses límites son os que separan os partidos responsables dos irresponsables, os partidos que buscan a confianza da poboación e os que buscan a súa sumisión.

Galiza precisa de partidos que busquen da confianza dos seus cidadáns. Non que nos avasallen outros 16 anos.