2008: o ano do software libre
A raíz dun comentario do señor Carreira doume conta de que teño este blog en suspensión. O proceso foi progresivo, sen grandes aspaventos. A fenda dixital (aínda que como nos recorda este domingo Castells é principalmente educativa) tamén me afectou, pois non ter internet no fogar tamén retarda o proceso de lectura-escritura de posts no blog. Lento, pero non inexistente.
Unido a esto está a distancia. As conversas co señor Puga na cafetería de teleco sembraban as ganas de escribir e de montar empresas tan necesarias como pouco tendentes a estar nos primeiros rankings da web 2.0 ;)
Mais, principalmente, o proceso de suspensión sucedeu porque a día de hoxe outros proxectos acaparan toda a miña atención. Paso os días relendo (e tamén re-escribindo). Estou en “modo esponxa“: absorvo todo o que podo dos que máis saben. E tamén hai cidades que merecen ser vividas off-line, como polo momento me sucede con Coruña. Será que son recén chegado.
Sexa como sexa o 2008 creo que será máis do mesmo destes últimos meses: máis e máis software libre. Ler, pensar, escribir e programar son as tarefas que ocuparan o meu tempo este ano. Porque o 2008, será para min o ano do software libre.




non atopamos ningún sitio onde mereza a pena vivir.. se un quere conservar a saúde (física e mental).
Logo da axuda da xente de 


Transcripción do
Transcripción do 




Licencia: O autor deste blog adhírese ó movemento copyleft, facendo