2006-10-26

Ciberpunk: a literatura do século XXI

Arquivado en: libros, no bazar — nes @ 9.31 pm | Traducir a: español - català

Creo na literatura, nas historias. E hai certo tipo de literatura que explica mellor que outra certas situacións. Xa falamos disto un tempo atrás en Novela negra, guerra fría e comprensión da realidade.

Aínda que non o dixera explícitamente nese momento, parecía evidente que a novela negra fáiseme o xénero por antonomasia dos anos convulsos, da guerra fría. Dun inicial capitalismo moi distinto ó actual.

A literatura de referencia da sociedade rede, é, sen dúbida, a ciencia ficción: o ciberpunk. Asento a idea logo de ler La era del diamante: manual ilustrado para jovencitas (mil gracias Fran! pola recomendación e o libro). E estou convencido de que Stephenson é a persoa que necesitaba para recoñece-la e dar crédito á nova literatura semilla.

Agora, xa dispostos a madurar novas ideas que crezan como unha enredadeira, e non como unha árbore. A pesar de que a descubra tardíamente, nunca é tarde para coñecer que…

… o futuro inflúe máis no presente que o pasado.

2006-10-03

Mestizaxe, ciencia e antropoloxía cultural

Arquivado en: libros, no bazar — nes @ 11.31 am | Traducir a: español - català

imaxe do libro citadoEstes días ando relendo por enésima vez un libro de Marvin Harris. Vacas, cerdos, guerras y brujas: los enigmas de la cultura. Agora -canto tempo despois- doume conta da impronta que deixou en min o profesor de filosofía de bachiller.

O libro é unha aproximación á antropoloxía dende o análise das causas materiais dos pobos e culturas. Como di o autor no prólogo:

se nos ha enseñado a valorar explicaciones espiritualizadas de los fenómenos culturales en vez de explicaciones materiales de tipo práctico. Sostengo que la solución de cada uno de los enigmas examinados en este libro radica en una mejor comprensión de las circunstancias prácticas. Y mostraré que un estudio más minucioso de las creencias y prácticas que parecen más raras revela que éstas se hallan fundadas en condiciones, necesidades y actividades ordinarias, triviales, podríamos decir vulgares. Entiendo por solución vulgar la que se apoya en tierra y está integrada por tripas, sexo, energía, viento, lluvia y otros fenómenos palpables y ordinarios.

Mais, a pesar do que poida parecer, non é a súa unha actitude de gardián da verdade última senón que…

Tened presente que, al igual que cualquier científico, espero presentar soluciones probables y razonables , no certeras. Sin embargo, por imperfectas que puedan ser, las soluciones probables deben tener prioridad sobre la inexistencia de soluciones.

Síntome identificado con esta declaración de intencións. O progreso e a ciencia avanza por iso, por tratar de explicar certos sucesos, non por decir a verdade.
Relacionados:

Identidade e cultura: multiculturalismo e mestizaxe

Plutón: a realidade, a ciencia e o relato

2006-07-21

Q, AlGore, internet e a imprenta

Arquivado en: destacados, informacionalismo, libros, no bazar — nes @ 4.49 pm | Traducir a: español - català

qÁs veces caemos na tentación de crer que todo existe a partir de nós. E falamos da radicalidade das novas propostas. O software libre e o acceso libre á información como summun da historia universal. O fin da historia. Pero realmente non coñecemos a historia. E estamos moi equivocados.

No século XVI, a revolución luterana levou a un cisma na iglesia católica que finalmente conduciu á súa separación en dúas. As razóns desta separación pódense resumir en “a rei morto rei posto“, “el rey ha muerto! viva el rey!” ou que “hai que cambiar todo para que nada varíe”.

Mais -para min- o realmente interesante dese período convulso son dous feitos: o papel da imprenta nesa revolución e que…

…en estos 30 años, desde 1525 (inicio de la guerra de los campesinos) a 1555 (paz de Augusta entre protestantes y católicos), se experimentaron prácticamente todas los caminos de la transformación social. (ver entrevista completa ós autores da novela).

Deixando de lado esta segunda faceta da historia imos falar hoxe do papel dese instrumento maravilloso: a imprenta. A súa invención algúns anos antes tivo moito que ver neste proceso de cambio da sociedade. Permitiu non só aumentar a tirada de libros copiados (que antes facían os monxes-copistas) e a creación de octavillas, trípticos e información en xeral para ser distribuida con facilidade. Senón que tamén desplazou o centro do poder da información ós copistas con imprenta, editores, etc. Un número heteroxéneo e maior de persoas. Nada que ver coa homoxeneidade da iglesia.

A revolución consistiu en desplazar o centro de poder do control da información. Da iglesia ós editores. Do control centralizado ó descentralizado. Esto provocou certos cambios na sociedade, porque a tecnoloxía non é boa nin mala, pero tampouco neutra.
Pensando no papel da imprenta (e nas súas similitudes co cambio de paradigma da internet actual) estaba cando achei a entrevista de Al Gore (yo fui el próximo presidente de Estados Unidos), e todo me quedou claro. Di Al Gore:

¿Conoce la obra de Jürgen Habermas? Un hombre muy sabio. Sostiene que el foro público se ha transformado. Las bases de la moderna democracia fueron creadas durante la Ilustración y se basan en el dominio de la razón. La Ilustración, en sí misma, es un producto del nuevo sistema de información que nació de la aparición de la imprenta, porque otorgó a cada individuo la capacidad de sumarse a la conversación pública; permitió a la gente utilizar el conocimiento para mediar entre riqueza y poder, rompiendo la estructura feudal que se había construido en torno al monopolio de la información que ostentaba la Iglesia medieval.

Ahora, la meritocracia de las ideas que la Ilustración creó por medio de la palabra impresa ha sido sobrepasada por una nueva revolución. Gutenberg llegó hace 500 años. Hace 50 años llegó la televisión como la fuerza dominante. Esto supuso una regresión a los monasterios medievales, porque la fuente de los mensajes quedó en manos de muy pocos. Ahora, el individuo ya no puede intervenir en la conversación por encima de los medios de comunicación dominantes.

Pero Internet está empezando a desafiar a la televisión, aunque no tiene la capacidad de distribuir instantáneamente y en todas direcciones las imágenes televisadas, esta cualidad casi hipnótica de la televisión, la que le proporciona este atractivo masivo. Internet representa para mí la esperanza de recrear la conversación de la democracia.

Dende esta óptica podedes ler a novela Q, de Luther Blissett. Comprender o fenómeno luterano e o que supuxo a imprenta neses días convulsos axudaranos a entender tamén a situación actual con relación a internet.

2006-07-17

Novela negra, guerra fría e comprensión da realidade

Arquivado en: libros, no bazar, visto-oido — nes @ 1.22 pm | Traducir a: español - català

Muerte de una heroína roja

Os anos comprendidos entre finais dos oitenta e principio dos noventa foron moi convulsos no eido político. A caída do muro de Berlín, os sucesos da plaza de Tian’anmen, a perestroika, … en definitiva, a culminación da guerra fría. Neses anos -e debido á caída da URSS- moitos países se enfrontaron ó proceso de transición dun sistema de base comunista a outro de fundamentos capitalistas.

Nesa dura transición están ambientadas estas dúas novelas: Muerte de una heroína roja e Trilogía de Argel, da editorial Almuzara. Parte de guerra que alumea un rincón oscuro da historia. Que nos fai comprender un pouco mellor a realidade actual.
Trilogía de Argel

En Muerte de una heroína roja, o fío condutor é a investigación da morte de Guan «Hong Ying», unha traballadora modelo de rango nacional. De xeito transversal móstrase as reformas que desexa introducir Deng Xiaoping na China dos 90 e cómo iso afecta á sociedade. As reformas do xigante tranquilo. Os pequenos pasos que noquean a 1.300 millóns de habitantes.

Así mesmo, en Trilogía de Argel, podemos introducirnos na convulsa Arxelia de principios dos noventa. É máis dura esta novela que a anterior. Máis violencia física. Mais será cousa dos lugares, da xeografía. Da resolución dos conflitos. Nesta, ademáis -ou por conseguinte- podemos tamén coñecer de primeira man a creación das guerrillas integristas: os seus eixos internos e condicións de supervivencia.

Recordo agora unha frase da curtametraxe matadero:

Non move a fé as montañas que levanta a fame

2006-06-20

Home sen nome

Arquivado en: libros, no bazar, visto-oido — nes @ 11.34 am | Traducir a: español - català

home sen nomeOnte acabei de ler o libro Home sen nome, de Suso de Toro. Coñecendo o “resume executivo” do libro vin que podería interesarme:

O relato dun vello, un home sen nome, que enuncia o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria. Unha vida desacougante, condicionada pola perda prematura da nai, a presenza da sombra do seu irmán xemelgo, o seu paso polo Berlín onde emerxía o nazismo co que axiña simpatizou, o seu protagonismo nas sacas da feroz represión do 36 en Compostela ou a súa participación como voluntario na División Azul. A visita de Celia, unha xove guionista, obrigará ao vello sen nome a confesar lucidamente, sen rastro de arrepentimento nin remorso, a súa participación en múltiples fusilamentos, torturas e violacións e as súas razóns para facelos.

E gustoume, ben é certo. Mais non foi algo convencional. A medida que o lía algo se desgarraba en min. O coñecemento doe. Hai tempo alguén me dixo que as películas de Lars Von Trier desgarran por dentro. Este libro -como Dogville- desgarra. Porse na pel do asasino, que coñece, que sabe.

Ademáis sempre gusto de aprender un chisco máis sobre a Galiza dos anos convulsos.

Na presentación -xa hai un mes- tamén se fixo eco a blogsfera. Unha breve reseña:

2006-06-15

O libro de papel ante a dixitalización

Arquivado en: destacados, libros, no bazar — nes @ 8.13 pm | Traducir a: español - català

libro-e A columna de Pisani no CiberPaís de hoxe dedícalla ó futuro do libro na era dixital. Fala dos seguintes 3 eixos: dixitalización dos libros, os libros como conversa e da creación transparente ou “colaborativa”.

Pregúntase Pisani -sen dar resposta algunha- pola dixitalización dos libros: case toda a música xa foi dixitalizada, mais “apenas uno de cada 20 libros ha pasado de análogo a digital”, kevin kelly dixit.

¿A qué se debe esta situación? ¿Gústanos máis oír música que ler? ¿A xente que máis comparte as súas obras oe música pero non le? Creo que os tiros van por outros lares: simplemente ocorre que “la experiencia de usuario del libro en papel es claramente superior a la del libro electrónico, Ugarte dixit. ¿Probáchedes a ler un libro no ordenador ou no móvil? Entón comprenderedes. As dores de cabeza son o obstáculo máis perigoso dos libros-e.

No artigo reseñado de Ugarte, desgránase cómo evolucionará a industria do libro. Polo momento, os libros en papel seguirán existindo, é máis, a dixitalización da creación e a libre distribución dos contidos non restrinxe as copias de libros en papel, senón que aumenta as súas tiradas. Pero xa estamos vendo algúns pasos que provocarán o avance dos libros electrónicos: as pantallas de tinta electrónica (infografía en Consumer.es).

Este tipo de pantallas é menos agresiva para os ollos, polo que a experiencia dun usuario na lectura dun libro electrónico pode que chegue a igualar á do libro en papel. Entón, estaremos falando do colapso da industria do libro de papel. Polo momento, todo o contrario. Aínda que xa se están a dar os primeiros pasos.