2006-08-10

Cartografiando a guerra do lume

Arquivado en: arde galiza, dende gz, marbellizacion, no bazar — nes @ 10.08 pm | Traducir a: español - català

Teléfono de voluntariado: 900 400 800 | Incendios 085 | Protección Civil 112

Fontes oficiais: Consellería de Medio Rural e novas da Xunta.

Na blogosfera:

(Actualización 14-agosto) >> O blog do campesiño e incendios forestales.

>> As sospeitas razoábeis de Calidonia, ou unha posible relación entre lumes e negocio urbanístico.
>> Os incendios forestais en Galicia. Libro de actas das xornadas de novembro do 2005 para analiza-la problemática e buscar solucións.
>> ArdeGaliza.info, Indymedia GZ,
>> As imaxes: O teu monte precisa de ti, Lume Nunca Máis, O lume é o 1º invasor, grupo público en flickr.

Os medios de comunicación convencionais:

>> Na Voz de Galicia: as causas posibles e as lagunas coa lexislación que permiten a recalificación.
>> En Vieiros fan seguemento intensivo: no escáner.

Animacións: El mundo, El País

2006-05-30

Boiro, infraestruturas e turismo

Arquivado en: dende gz, destacados, marbellizacion, no bazar — nes @ 5.41 pm | Traducir a: español - català

Turismo en Boiro
Domingo 28 de maio. Ano 2006. Un calor sofocante. As praias da comarca do Barbanza abarrotadas. Como tódolos veráns. Cada vez máis Arousa Norte é un destino apetecible para os turistas. E tamén para os atascos.

Este fin de semana xa se sufriron os primeiros atascos na Vía Rápida que une Ribeira e Padrón. Aínda que a localidade máis afectada foi a de Noia.

Por suposto este é un simulacro do que será este verán. Só iso, porque a estas alturas, a afluencia de xente non é nada comparado cos meses claves para o “turismo estacional” que lle chaman. Un dato significativo: dous dos bares de Boiro de maior afluencia están agora de vacacións, por reformas ou descanso do persoal. Preparándose para o que está por vir.
O verán promete, e será máis conflitivo que os anteriores por dúas razóns principais: o aumento da presión poboacional sobre a vila de Boiro e a redución dos carrís lentos á altura de Rianxo, as conocidas curvas de Vilas.

O das curvas de Vilas darían para un blog enteiro: Nacemento e historia da Vía Rápida do Barbanza. As curvas de vilas, un tramo mortal. Dende a construción inicial chea de peraltes ó reves e curvas imposibles ata a eterna demora no desdoblamento e mellora da carretera… Pero o segundo factor é o que máis me interesa para o que quero resaltar. O aumento da densidade poboacional, ou da presión do ladrillo sobre a costa.

Escarabote
A economía de Boiro -ó igual que os veciños do Barbanza- depende en gran medida do ladrillo, turismo e conserveiras. Sufrindo éstas últimas un proceso de deslocalización máis ou menos forte. A construción de vivendas multifamiliares a menos de 100m da costa é un feito que atinxe sobre todo á zona de Escarabote (situada no tramo Boiro-Pobra do Caramiñal), sen desmerecer outras zonas do concello.

Estas vivendas adícanse sobre todo a 2ª residencia. Xente de Compostela e arredores, pero non só. A presión sobre a costa -e sobre o prezo da vivenda- aumentou desmesuradamente a golpe de Plan Urbanístico. E non se contou co adecuado dimensionamento dos servizos e as infraestruturas. Xa non só das carreteras, senón tamén da auga, servizos de alcantarillado, etc
O que vimos este fin de semana non é un feito puntual, senón que é consecuencia dun determinado modelo de desenvolvemento. Un modelo de pan para hoxe e fame para mañán. Algo que se agravará este verán máis que nunca polo crecemento sin control das vivendas a pé de plaia.

Non se pode abordar unha posible solución ó problema dos atascos, perdas de auga, mal saneamento, etc sen repensar o desenvolvemento e progreso da zona. Cando todo o mundo trata de informacionalizar a súa economía (investimento en I+D, servizos, etc) nós aínda dependemos en gran medida do modelo de ladrillo e turismo estival.

2006-05-29

A Xunta e a bolsa de aluguer

Arquivado en: dende gz, marbellizacion, no bazar — nes @ 4.28 pm | Traducir a: español - català

Aparece hoxe, na voz de Galicia, un artigo sobre a bolsa de aluguer da Xunta. Sobre cómo a primeira bolsa que xurdiu por iniciativa do PP (boa cousa, hai que darlle aquí a razón ó vello) só fixo aumenta-los prezos do aluguer pois non se controlaban os arrendamentos (pero mal implantada, quizá ás presas).

O actual goberno, logo de repensa-las condicións da bolsa, volve a ofertala con novas condicións que pretenden controla-lo prezo e evita-los fraudes.

A nova: O final da bolsa de aluguer frea a escalada de prezos en Galicia.

2006-05-26

Dúas da vivenda

Arquivado en: dende gz, marbellizacion, no bazar — nes @ 3.56 pm | Traducir a: español - català

A primeira. unha columna do diario 20 minutos: A idade según os bancos.

E outra. un microrrelato de Seve García: a casa, o especulador e o concello.

Hoxe nada de novas, actualidade ou similares. Só realismo máxico.

2006-05-23

A toda costa

Arquivado en: dende gz, marbellizacion, no bazar — nes @ 3.20 pm | Traducir a: español - català

Nos últimos tempos estamos vendo unha progresiva marbellización da costa galega. Plans urbanísticos desmesurados, construcións a pé de costa, etc

Para chamar a atención sobre esta problemática e xerar debate en torno á edificabilidade da costa e o acceso á vivenda, na rede arredemo empézase a move-la xente. A idea consiste en crear debate e denuncia-la situación actual. Ámbalas dúas cousas deben ir da man. Non olvidemos o que pasou coas últimas “sentadas por una vivienda digna”: desmovilización por non ter un claro obxectivo.

Co gallo das eleccións municipais do 2007 é un bo momento para realiza-la campaña, xa que os concellos teñen moito que dicir ó respecto. Démoslle contido pois!

Os primeiros pasos:
– artellar un mini-discurso co que ir “en campaña”.
– creación dun grupo público en Flickr para subir fotos-denuncia.
– creación dun logo “A TODA COSTA” para publicitar nos blogs e outras webs a campaña.
– outras obras audiovisuais estilo microfundismos de ACC. Microfundismo “feísmo”, etc