2007-05-23

Entrevista a Javi Vázquez

Arquivado en: dende gz, no bazar, radioblog — nes @ 1.20 am | Traducir a: español - català

[ Actualización 23-05, 22:50h: título correxido ;) ]

javivazquezLogo da axuda da xente de AGNIX e, sobre todo, de Pedro, o master da Blogaliza, xa teño a entrevista a Javi Vázquez on-line. Javi é socio-fundador e actual desenvolvedor de negocio de IGALIA, empresa galega de software libre.

A razón da entrevista é doble:

  • mostrar cómo dende Galicia se pode competir a nivel mundial nun campo tan complexo como o do software libre
  • denuncia-las accións que van en contra da nosa industria local e do benestar que pretendemos conseguir a través da sociedade do coñecemento

A entrevista divídese en 4 bloques. Os seguintes:

» IGALIA, a empresa. [00:00-14:40]igalia

Os 3 eixos que configuran a súa actividade: empresa de software libre, xestión cooperativa e forte tendencia á internacionalización (ver por exemplo iniciativa GMAE: IGALIA como membro fundador).

» IGALIA e a comunidade. [14:40-23:30]

De cómo afronta IGALIA o problema dos free riders (a traxedia dos comúns), ou qué lle devolve a empresa á comunidade. IGALIA como mumi, ou axente dinamizador na produción de software libre. Ver por exemplo Premio ó mellor PFC con soft libre e colaboración con GPUL.

» O PEGSI e o mercado TIC galego. [23:30-31:40]

Unha retrospectiva dende a experiencia de Javi do mercado galego das TIC e qué supón o PEGSI neste marco.

» Os últimos pasos atrás. [31:40-50:17]

Tamén falamos dos perigos e pasos atrás que se realizaron nestos meses e cómo iso pode influir no desenvolvemento de Galicia e no noso benestar.

Espero a disfrutedes! :D

[making off] Desculpade os meus excesivos tics e a rapidez coa que falo… cousas de conversar cunha persoa de alto standing! ;) Por certo, a metade da entrevista (minuto 30:50 + ou - ) tivemos que realizar un apaño, pois mentres a grabábamos sufrimos un pequeno percance co Skype. A próxima sairá mellor. [/making off]

podPress theme compatibility problem. Please check podPress->General Settings for more information.