2007-03-22

Mestizaxe en Mofa e Befa

Arquivado en: dende gz, no bazar, retranca — nes @ 2.07 am | Traducir a: español - català

Non hai choque cultural, nin, polo tanto, serve de nada a alianza de civilizacións. Neste blog xa falamos da identidade, da identidade en relación ó territorio, da identidade en relación á cultura e da identidade en relación á globalización.

Pero o espectáculo de Mofa e Befa… é puro relato da identidade como mestizaxe que supera calquer análise que oín nunca! Xa se sabe que na corte do emperador son os bufóns os únicos ós que se lles permite deci-la verdade… e éstes son uns deslenguados.

Aínda estou con lágrimas nos ollos pola risa! E iso que xa vira esta montaxe Sempre ao lonxe, co que pretenden botar lus sobre “a fauna humana e as distintas especies que a compoñen“. Puro teatro perralleiro… simplemente xenial!

Así, e retomando o fío inicial, nas cómicas palabras dos Moinantes nómadas

A patria é ese espasio temporal, ese intermezzo que queda desde que che caghan no mundo ata que te vas de novo para a caixa. Si alghuén quere poñerlle unha bandeira que o fagha… nós preferimos ir en bolas.

Porque para Mofa e Befa non hai patrias, senón vida; non hai culturas, senón individuos, mestizaxe.

Un brevísimo vídeo para recordar e recomendarvos o espectáculo! :D (lástima que só nos quedasen 20 seg na cámara)
+ info: web da compañía - Compostela Cultura - críticas 1 e 2


Si yo tuviera un caserío,
contigo me casaría.
Si yo tuviera un caserío,
contigo me casaría.

Porque tú eres la reina la reina,
de Euskal Herria

Askatasú-asú-asú
Askatasú-asú-asú
Áaskatu
Askatu-askatasú

2007-02-17

Un toque de humor: a vantaxe competitiva do espíritu rural galego

Arquivado en: dende gz, informacionalismo, no bazar, retranca — nes @ 1.31 pm | Traducir a: español - català

Na sociedade rede e no informacionalismo hai certas cousas que cambian, ou mellor, como unha espiral volven á orixe: recupéranse os modelos de construción artesanal.

Por iso, o espíritu rural galego é unha vantaxa competitiva… quen nos diría que o microfundismo sería a chave para a nosa entrada na sociedade da información, verdade? :D

Así, co obxectivo de actualizar e recupera-las características que me parecen chave na era informacional, vou expoñer as nosas fortalezas como sociedade.

  • A interiorización da cooperación como acción complementaria á competencia.

Quen non foi a plantar as patacas do veciño ou de outros familiares? e a recoller as uvas ou mata-lo porco? Non son estas accións nimias, senón que reflicten un espíritu de traballo en rede. Aínda que nos veña dado pola necesidade de supervivencia.

  • A confianza como método de negociación e posicionamento.

O desenvolvemento dunha marca persoal, dun xeito de face-las cousas, dun estilo ó fin e ó cabo que nos posicione ante o noso entorno. Trátase de deixa-la titulitis e volver á meritocracia.

  • Os rumores e chismes como márketing viral.

Nun mundo mediado pola confianza, o márketing viral, os rumores e opinións son o método de obter información. Teñen a función social de diminui-la incertidume da decisión. Sabemos de qué pé coxea a persoa/empresa/grupo, cómo responden. Ponse a proba a súa entereza, filosofía vital e fiabilidade.

Son estes 3 puntos os principais que debemos recuperar e, por suposto, actualizar ó dixitalismo! :)

NOTA: Estas liñas valen -casi- para calquer galego, pois a maioría proveñen do rural, e os que non o facemos totalmente, estamos ben apegados a él a través de nosos pais, avós e ascendentes.

2006-10-07

Activista da abrazoterapia

Arquivado en: no bazar, retranca — nes @ 7.16 pm | Traducir a: español - català

Vía De Ugarte atopo o seguinte video. O poder dos abrazos seguirá sempre connosco ;)

2006-09-12

Chúzate no minifundismo do blogomillo

Arquivado en: dende gz, no bazar, retranca — nes @ 1.06 am | Traducir a: español - català

Logo do debate da endogamia alén do telón de grelos seguimos a sembrar na nosa propia leira. A chuzarnos a nós mesmos, mais coa retranca galega que desprende o galego de ben.

Chúzate pois! Benvido á comunidade!

Perfil chuceiro

2006-09-05

O desenho (¿de camisolas?) galego

Arquivado en: dende gz, no bazar, retranca, visto-oido — nes @ 11.35 pm | Traducir a: español - català

Xa todos coñecedes o desenho galego: as camisolas están de moda. Non vos vou descubrir nada. Simplemente quero pór uns enlaces que atopei chuzando (grazañas polos enlaces a IaRRoVaWo e a Marcus polos videos continuos!):

A Vaca Láctea - Aduaneiros Sem Fronteiras - Caramuxo - Eiovai
Fento
- Killermundi - Nicetrip - Ococho - Once Varas
Projecto Global - Rei Zentolo - Westopia

PD: non vos perde-la crítica/posición de panchez en torno ó personalismo/autoría e os mass-media. Poderíase resumi-la súa posición como ¿Opacidade ós medios, transparencia coa audiencia? Nótase a influencia da ala “dura e creativa” italiana.

2006-06-28

Ultrastar: o futuro é agora

Arquivado en: no bazar, retranca — nes @ 12.14 am | Traducir a: español - català

No momento en que todos estamos aínda esperando pola saída do Singstar Gallaecia atópome -sen pretendelo- co que algúns levamos un tempo buscando: o singstar libre.

Singstar Gallaecia

Cando A bola extra publica esta entrada nós xa o temos claro: o futuro do singstar pasa pola autoedición de cancións para incluir as nosas preferidas. E non pasou moito tempo ata que atopamos o… ultrastar.

A diferencia do Singstar, o Ultrastar é un xogo para PC. Imita a interfaz do singstar (aínda que se pode cambiar) mais cunha gran vantaxe: a edición de cancións, tanto dende o editor integrado, como dende arquivos txt. Existen xa algunhas ferramentas que convirten os arquivos midi en formato para o xogo.

Tamén posibilita a visualización da letra, video e música simultáneamente como o Singstar. Simplemente hai que crealo… ou usar os packs xa existentes para a comunidade de usuarios en español.

Xa chegou a hora. Nós pensabamos que aínda faltaba un tempo para que saísen clons e programas para compartir cancións libremente. Mais o futuro é agora. Só nos resta construir as cancións en galego! A convertir as nosas cancións populares! A cantar!
Qué emoción… cada día está máis cerca o Singstar Gallaecia. ;)

2006-06-08

O bar Orella na Lonely Planet

Arquivado en: dende gz, no bazar, retranca — nes @ 4.20 pm | Traducir a: español - català

Gracias a chuza! (recomendado dende diario dunha volvoreta) atopo este mítico video da historia de Galicia. Unha reporteira da Lonely Planet comendo orella de porco no Bar Orella, no casco vello de Compostela.

2006-05-13

Microsoft re-deseña o i-Pod

Arquivado en: no bazar, retranca — nes @ 7.12 pm | Traducir a: español - català

Un vídeo onde se ve cómo Microsoft (re)deseñaría o envoltorio do (microsoft) i-Pod (2005). Retranca en estado puro. Pódese concluir que o fixo un galego. Si xa se dicía polo ciberespazo .. non hai mellor
terapia que a risa.