2007-05-03

Redes e guerras en rede

Arquivado en: cooperaccion, informacionalismo, no bazar, tecnoimperialismo — nes @ 12.40 pm | Traducir a: español - català

libro redesUltimamente estou seguindo a colección de libros publicada por Alianza Editorial: La Sociedad Red. A calidade dos libros seleccionados é excepcional, digna do director da colección.

E agora acabo de rematar “Redes y guerras en red: el futuro del terrorismo, el crimen organizado y el activismo político”, de Arquilla e Ronfeldt, analistas da RAND.

(INTERRUPTUS: A RAND é un think-tank norteamericano ligado ó Departamento de defensa dos EUA e “especializado” en redes. Baste dicir que Paul Baran dirixiu nesa institución as investigacións que desembocaron no que hoxe é internet).

Podedes obter o libro ó completo (en inglés) no sitio da RAND.

O libro divídese en 3 partes fundamentais, con escritos de distintos expertos en cada caso.

(máis…)

2007-05-01

Desenvolvemento e división internacional do traballo

Arquivado en: cooperaccion, destacados, informacionalismo, no bazar, tecnoimperialismo — nes @ 4.15 pm | Traducir a: español - català

[Aproveito a mini-ponte para amplia-la serie iniciada sobre tecnoloxía, patentes e desenvolvemento. E fágoo cun post sobre traballo e desenvolvemento. Pretendo así aportar o meu grao de area á actualización do imaxinario… da Revolta de Haymarket e dos Mártires de Chicago … á loita por que a división internacional do traballo non se convirta nun novo modo de imperialismo]

Na sociedade da información existen 3 sectores principais, os dinamizadores da economía, os que marcan si un país ou rexión é produtor ou mero consumidor. E os 3 traballan con código:

  • as biotecnolóxicas e farmacéuticas (xenético, biolóxico)
  • a industria do software e telecomunicacións (código binario)
  • a industria cultural e multimedia (imaxes, linguaxe)

Na actualidade, a capacidade dunha rexión para acada-lo desenvolvemento pasa por este tipo de industrias, por ser capaz de aglutina-lo coñecemento, recursos e institucións necesarias que permitan integrarse na economía global.

Si consideramos a aldea global como unha sociedade redistributiva, non recíproca, integrarse nos fluxos internacionais de comercio supón competir, especializarse e adaptarse. Pero este proceso non é neutro, e da súa configuración dependerá o futuro de millóns de persoas.

Observando os 2 mapas seguintes temos unha idea bastante clara de cómo é hoxe esta configuración. O primeiro mapa indica onde están localizados os nodos mundiais de innovación tecnolóxica:

nodos innovacion mundial

 O segundo onde se acumulan os pagos por royalties (moi ilustrativos tamén os mapas de importacións e exportacións):

pagos por royalties

De xeito moi visual obsérvase que existen 3 centros principais: Estados Unidos, Europa e Xapón. Esta situación trae consecuencias, pois a soberanía tecnolóxica é un factor fundamental para o desenvolvemento.

Nunha economía globalizada, con 3 industrias altamente competitivas e que traballan con código, con ideas, establecer unha lexislación internacional restrictiva sobre as mesmas (patentes, copyrights, dereitos de autor) non fai máis que poñer barreiras de entrada artificais ó resto de países, empresas e persoas.

Non fai máis que perpetuar e profundizar na configuración dun mundo desigual.

2007-03-29

Coñecemento aberto e desenvolvemento: sensacións das xornadas

Arquivado en: cooperaccion, dende gz, destacados, no bazar, tecnoimperialismo — nes @ 4.25 pm | Traducir a: español - català

A pasada fin de semana, Fran e máis eu realizamos a I rolda de conferencias: coñecemento aberto e desenvolvemento (ver presentación en SlideShare). Chuza! e Código cero fixéronse eco da iniciativa, a pesar de que non era a nosa intención nesta primeira etapa convocar “ós medios”.

O certo é que logo de apenas 2 días xa nos damos conta do arraigados que están certos concetos na sociedade e o difícil que se fai superalos.

Fóra dos círculos open-source (sobre todo xente provinte do soft libre, pero non só) a idea do modelo aberto resulta confusa. O principal escollo co que nos atopamos é o de amosa-la rentabilidade deste modelo para as empresas. Aínda se consideran as patentes como un mal necesario.

Este punto xa o tivemos presente, e por iso, á hora de amosar casos, optamos por facelo da industria farmacéutica e explicar por encima os mesmos problemas na do software (pois non tíñamos tempo suficiente para todo e na farmacéutica son moito máis claros as vantaxes, inconvenientes e costos sociais da elección do modelo). Amosando de xeito paralelo a relación de dúas das industrias que traballan con código. Por suposto, a actualidade é un gran actor do noso relato, que tamén decantou a nosa elección.

Así, nas charlas, logo dunha breve introdución á relación entre tecnoloxía e desenvolvemento e á relación entre patentes e desenvolvemento, entramos de cheo na explicación da industria, tendo a Novartis como a nosa empresa exemplo: usando o xuízo contra a India e a noticia de que abre os seus datos noutros produtos. Modelo cerrado VS Modelo aberto na mesma empresa.

Certamente confiamos en que puidésemos visibiliza-lo conflito: a elección de modelos cerrados ou modelos abertos non é trivial, senón que ten consecuencias para o desenvolvemento de países, empresas e persoas.

Como experiencia piloto foi positiva según o vexo agora. Tamén necesaria. Por iso, creo que deberemos seguir explorando este camiño, aínda que quizá con outro tipo de iniciativas. Xa vos iremos contando.

2007-03-09

De patentes, ou de monopolios intelectuais

Arquivado en: destacados, no bazar, tecnoimperialismo — nes @ 2.07 am | Traducir a: español - català

As patentes son concesións gubernamentais. Mediante esta concesión, otórgase un dereito temporal e exclusivo de explotación sobre unha invención ou mellora tecnolóxica. Otórgase polo tanto un mecanismo de exclusión da competencia, creando un monopolio intelectual.

Así, as patentes implican por un lado a concesión de monopolios de venta, xerando polo outro mecanismos de control e restricción de uso do produto por parte do comprador. Isto trae profundas consecuencias sobre os prezos e os modelos de negocio.

Sobre os prezos.

É evidente que os monopolistas desexan obte-lo máximo rendemento da súa inversión, polo tanto -e debido á exclusividade que lles otorga a patente- poden minimiza-la oferta de produtos no mercado (así como reduci-los stocks ó mínimo).

Esta actuación eleva os prezos, pois a demanda do ben é maior que a oferta. O alto que poidan chegar a ser dependerá do que estén dispostos a pagar os consumidores. Obsérvase así, que o monopolio intelectual conduce a prezos artificialmente altos durante o tempo de concesión do mesmo, xa que non existe ningún outro axente que compita nese mercado (nin en costes nin en diferenciación).

Sobre o modelo de negocio.

O mesmo principio da patente (exclusividade da explotación) indica de novo o principal uso da mesma: como estratexia de exclusión da competencia o máximo tempo posible, co obxectivo de maximiza-lo beneficio. Trátase de evitar que outros produzan os mesmos bens a menor prezo ou con alguna diferenciación e se vexan reducidas as ganancias potenciais.

Obsérvase así cómo o monopolio intelectual otorga incentivos á búsqueda de rentas e non á innovación continua.

Conclusións.

Por todo o dito, podemos dicir que as patentes restrinxen a acumulación e redistribución do capital, reducindo o crecemento económico da sociedade, polo tanto tamén o benestar e cohesión social da mesma.

Todo isto coincide co que xa dixemos noutros post: as patentes úsanse como barreira de entrada a novos competidores, non como mecanismo de “xusta remuneración”.

Mais a día de hoxe, séguese a argumentar que sen patentes, a investigación e innovación veríase reducida, pois non existirían incentivos para tal cousa; amén de que os que investigan e innovan non obterían suficiente remuneración para recupera-la inversión realizada. Da veracidade destes argumentos falaremos en breve, pois son o núcleo da lexitimización actual das patentes.

2007-03-08

Transferencia tecnolóxica, patentes e copyrights

Arquivado en: cooperaccion, destacados, no bazar, tecnoimperialismo — nes @ 10.02 pm | Traducir a: español - català

Comprende-la relación entre tecnoloxía e desenvolvemento non é algo trivial, senón o primeiro paso para obte-lo benestar social. A transferencia de tecnoloxía e coñecementos é un mecanismo fundamental para o desenvolvemento de países e persoas.

El desarrollo es un proceso económico por el cual las comunidades o los países mejoran de forma sostenida su productividad. Los salarios reales, y con ellos el bienestar crecen a fin de cuentas, paralelos a la productividad. En líneas generales la productividad es la medida media del valor que un trabajador normal puede crear en una hora de su trabajo en una economía dada.

¿Cómo mejoran la productividad los países? Básicamente de dos maneras:

  • importando tecnología y por lo tanto, directa o indirectamente pagando licencias y patentes
  • mejorando la formación y el sistema educativo y facilitando el acceso a la cultura y la salud por sus ciudadanos, lo que implica pago de copyrights y derechos de autor a los grandes productores multimedia y las farmaceuticas.

(Tecnoimperialismo - David de Ugarte)

Sendo así, as patentes e o copyright non fan máis que retrasar ou impedi-lo desenvolvemento a través da enaxenación de recursos no proceso de transferencia tecnolóxica e obstaculizando o emponderamento:

Los derechos de propiedad intelectual más estrictos aumentan el precio de la transferencia de tecnología y amenazan con excluir a los países en desarrollo del sector dinámico de conocimiento en esferas como los programas de computación y los medicamentos genéricos.

(PNUD 1999)

Polo tanto, pódese concluir que os mecanismos de restricción do coñecemento non son beneficiosos para o desenvolvemento dos países e persoas, pois fomentan a dependencia e impiden a soberanía.

Non sirven estos mecanismos para dar un “xusto pago” polo consumido, senón para que o resto dos axentes non pasen de consumidores a produtores, de que non se convirtan en competidores.

Baste recordar que a tecnoloxía é unha forma de vantaxe competitiva na economía mundial. Posuíla ou non posuíla non é unha situación trivial, senón que é a base da soberanía.

2007-03-07

Tecnoloxía e desenvolvemento

Arquivado en: cooperaccion, destacados, no bazar, tecnoimperialismo — nes @ 2.09 am | Traducir a: español - català

[Hoxe comezo unha longa serie de post nas que falarei de tecnoloxía e desenvolvemento. De patentes, farmacéuticas e software. De cómo todo iso mezclado conforma os novos eixos da soberanía na era da sociedade informacional. Empecemos.]

A día de hoxe, existen 4 instrumentos/reivindicacións fundamentais da cooperación internacional. A saber: AOD (Asistencia/Axuda Oficial ó Desenvolvemento), débeda externa (enténdase a súa condonación ou sustitución por outros recursos), comercio e transferencia de tecnoloxía e coñecementos.

O último punto é quizáis o menos coñecido, porén do máis importante para pasar da asistencia á cooperación real: ó emponderamento.

Para entender por qué digo isto, debemos primeiro coñecer cómo se desenvolven os países ou rexións, cal é a relación entre tecnoloxía e desenvolvemento. Para iso adxunto un gráfico (PNUD 2001) moi explícito. É común crer que a tecnoloxía é consecuencia do desenvolvemento (un output do mesmo), mais tamén pode ocorrer á inversa: a tecnoloxía pode ser unha ferramenta para o mesmo, un input. O gráfico déixao moi claro.

Tecnoloxia e desenvolvemento

Deste xeito, vese fácilmente cómo o desenvolvemento pivota sobre 2 estratexias complementarias:

  • inversión de recursos no cambio tecnolóxico
  • inversión de recursos en educación, sanidade e cultura

A discusión non é trivial e do modelo aplicado depende en gran medida o éxito ou fracaso da iniciativa (amén de condicionantes externos, claro!).

O que pretendo deixar claro hoxe é a importancia do cambio tecnolóxico no desenvolvemento dos países, un factor un tanto olvidado no mundo da cooperación.

Baste recordar qué significou (para os países industrializados) pasar á era informacional: un aumento da produtividade e, polo tanto, de acumulación de riqueza, que en última instancia redunda en benestar. Por iso, a longo plazo, a única estratexia viable para obter desenvolvemento pasa por implementa-lo cambio tecnolóxico. Pasar dunha sociedade agraria a unha industrial, dunha industrial a unha informacional. Castells resume moi ben tódolos matices deste proceso…

La tecnología es una dimensión fundamental del cambio social. Las sociedades evolucionan y se tranforman a través de una compleja interacción de factores culturales, económicos, políticos y tecnológicos. Es preciso, pues, entender la tecnología en el seno de esta matriz multidimensional. Con todo, la tecnología tiene una dinámica propia. El tipo de tecnología que se desarrolla y difunde en una determinada sociedad modela decisivamente su estructura material. Los sistemas tecnológicos evolucionan de forma gradual hasta que se produce un cambio cualitativo de primera magnitud: una revolución tecnológica, que lleva a un nuevo paradigma tecnológico.
[…]
El proceso de transición histórica avanza con la absorción de las formas sociales precedentes por las nuevas y emergentes, de modo que las sociedades son considerablemente más confusas que los modelos que creamos con fines heurísticos. ¿Cómo sabemos que un paradigma dado (por ejemplo, el informacionismo) es dominante respecto a los otros (por ejemplo, el industrialismo)? La respuesta es sencilla: por su rendimiento superior en cuanto a acumulación de riqueza y poder. Las transiciones históricas son moldeadas por el mundo de los que ganan. Este hecho no implica ningún juicio de valor. En realidad, no sabemos si el hecho de producir más y más entraña valor superior alguno en términos de humanidad. La idea de progreso es una ideología. Lo bueno, lo malo o lo indiferente que sea un nuevo paradigma depende de la perspectica, de los valores o de los criterios de calidad. Sabemos que es dominante porque, al imponerse borra la competición por medio de la eliminación. En este sentido el informacionismo es el paradigma dominante de nuestras sociedades, que sustituye y subsume al industrialismo.

(Manuel Castells, epílogo á obra de Pekka Himanen “La ética hacker y la era del informacionalismo“)