2006-06-27

CSS e ciruxía dixital

Arquivado en: no bazar — nes @ 11.44 pm | Traducir a: español - català

A potencia do CSS é limitada. Mais canto custa chegar ós límites!

Logo dunha tarde de traballo, queda renovada a cara deste bazar. Apenas uns retoques no arquivo de estilos e algunha outra puntualización. Se aínda non ves a nova cara só tes que pulsar a combinación CTRL+R (comando que limpará a caché do teu navegador e recargará a páxina). Ben. Agora xa deberías vela.
Os cambios, a pesar de mínimos, producen un efecto máis acolledor. Amén da combinación de cores máis agradable, o tipo de letra e os espaciados axudan a facer deste bazar un lugar onde quedarse un chisco a falar.

Logo, para expandi-la conversa, ademáis dos mecanismos habituais (a saber: trackback e comentarios), engadín a cada entrada a posibilidade de chuzala! ou engadila ó teu del.icio.us.
Agora só queda seguir coa conversa polos cibermundo e mundo real. Conseguir permear o dixital e o analóxico. A iso estamos.

3 Comentarios »

  1. Gustame como deixaches este curruncho da rede.

    O único criticable é que tal vez os nomes que empregas para os temas non sexan moi claros.

    Comentario por Fran — 2006-07-05 @ 12.22 am

  2. Fermoso; a letra grande flexible e o deseño limpo.

    Non sei porque moitas webs teñen tamaños de letras diminutos e difíciles de ler. Tal vez leven comisión dalgunha óptica.

    Comentario por Seve — 2006-07-07 @ 11.18 am

  3. Foiseme a pinza co de “flexible”

    Comentario por Seve — 2006-07-07 @ 11.19 am

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario