2007-10-14

Do proxecto comunicaciong

Arquivado en: no bazar — nes @ 2.33 pm | Traducir a: español - català

Como anunciamos algúns días atrás, Fran e máis eu daremos unha ponencia sobre comunicación na era dixital durante a asamblea anual da Federación española de ISF. A asamblea, ademáis de ser un dos puntos de encontro de todas as ISF integradas na federación, crea tamén espacios para a reflexión e posta en común. Trátase de crear un lugar onde compartir experiencias en torno a uns eixos temáticos. Este ano serán a comunicación e a enerxía.

Particularmente, no noso taller, pretendemos expoñer algunhas das ideas que aprendemos coas experiencias dos blogs en esf galicia, e de ler moito ós que máis saben.

Mais somos conscientes que un evento así apenas chega para inicia-lo movemento, precísase de algo máis. Por iso, o noso enfoque do taller é como un punto de arranque, como unha palanca que incita a acción.

Por outra banda, parécenos que non existe un lugar na rede dedicado específicamente a recolle-las experiencias e aprendizaxe de outros actores no sector da comunicación en asociacións e ong, aínda que sí existe moita xente que trata o tema e traballa niso, como Olga, Felipe, Iván Pino, etc. Mais o coñecemento está disperso e cremos que se precisa un lugar de referencia, centralizador e distribuidor ó tempo.

Así nace Comunicaciong, un blog que pretende ser un lugar de visita para todos aqueles interesados no mundo da comunicación nos sectores asociacionista e das ong.

Trataremos nese blog de ir desenvolvendo as ideas-clave que se fai necesario coñecer nun mundo informacional, fomenta-la reflexión sobre a potencia que nos otorga a rede de cara a crear espacios de participación e deliberación. Obxectivos bastante ambiciosos. Esperamos que nos acompañedes nesta viaxe! :D

3 Comentarios »

  1. Holaaa!
    Quizá te interese http://www.tecnonolongia.org
    Olguita

    Comentario por Olga — 2007-10-15 @ 3.52 pm

  2. http://www.tecnolongia.org
    a ver si ahora

    Comentario por Olga — 2007-10-15 @ 3.53 pm

  3. Gracias Olga! lo he añadido ya al feevy del blog. Por cierto, tenemos un msn pendiente :( .. en cuanto acabe la mudanza a Coruña lo hacemos, no? que no se diga que la tecnología es una barrera a la comunicación! :D

    Comentario por nes — 2007-10-15 @ 7.16 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario