2006-03-31

Internet: o pozo e a traída

Arquivado en: destacados, no bazar — nes @ 3.12 pm | Traducir a: español - català

Cando aínda eramos uns críos -hai uns 20 ou 30 anos- en Galicia, o normal era ter un pozo, un depósito de auga na casa.

O seu obxectivo era asegurar o abastecemento. Por aquel entón, aínda non funcionaban de todo ben (si tíñamos a sorte de que as había) as redes municipais de abastecemento de auga. Por iso, facía falta unha fonte de suministro segura.

Co tempo, as redes foron chegando e o abastecemento xa era fiable: non tiña cortes tan habituais e a auga chegaba fluida. Ós poucos, fomos adquirindo confianza no suministro e pasamos do uso da auga do pozo a usar a auga da traída. Agora, é raro ver unha casa cun depósito de agua. E a case ninguén se lle ocorre construir unha que o posúa.

Tal analoxía sérveme hoxe para reflexionar sobre o software e internet. Internet tamén é unha rede (de datos fronte á rede de agua anterior). E o software é a súa auga. Para abastecernos precisamos de pozos de información: os discos duros.

A día de hoxe é preciso ter todo o software (sistema operativo, programas ofimáticos, edición de gráficos, etc) na nosa computadora. Para asegurar o servizo debemos telo na nosa computadora. Mais non parece ilusorio pensar que nun futuro próximo poidamos prescindir del xa que todo o que precisemos se encontrará a golpe de ratón, na rede. Á nosa disposición.

Para que isto ocorra, sen dúbida, é preciso que se den alomenos dous condicionantes:

1) garantir a fiabilidade da rede (ancho de banda, mellora do servizo, etc), xa que non usaríamos a auga da traída se non tivésemos unha fonte de suministro segura.

2) fomentar o uso de estándares abertos, permitindo a interoperabilidade entre distintos sistemas e mellorando a experiencia do usuario: un punto de inflexión, a madurez da tecnoloxía informática.

Pode que para entón, non teñamos pozos de software senón que usemos o da traída.

4 Comentarios »

  1. mellor explicado, imposíbel :)

    Comentario por xabre — 2006-04-03 @ 5.50 pm

  2. [...] Pode que non esté tan lonxe os tempos da metáfora da que falaba hai un tempo…. a do pozo e a traída. [...]

    Aviso (Pingback) por O bazar de nes » Software como servizo — 2006-05-30 @ 6.36 pm

  3. [...] Por isto, como as antigas redes de auga, a rede debe a servir auga da traída e non do pozo. Mais para iso é preciso o acceso universal e garantido. [...]

    Aviso (Pingback) por O bazar de nes » Usar software “do traído” — 2006-06-08 @ 1.33 pm

  4. [...] esté tan lonxe os tempos da metáfora da que falaba hai un tempo…. a do pozo e a traída. ch! | | | [...]

    Aviso (Pingback) por O bazar de nes » Software como servizo — 2007-06-19 @ 9.52 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario