Marlango en Vigo
Este mércores día 13 de Setembro, Marlango actúa en Vigo, no Centro Social Caixanova. Nós xa temos as entradas e estamos a prepararnos para asistir ó concerto actualizados. No You Tube hai moito material e interesantes entrevistas coa súa cantante: Leonor Watling. Hai menos material de Alejandro Pelayo e Óscar Ybarra.
Para ir abrindo boca de aquí ó mércores, un video…






Licencia: O autor deste blog adhírese ó movemento copyleft, facendo
Hai tempo que estou namorado da Leonor…
Comentario por xabre — 2006-09-12 @ 3.20 am
[...] Hoxe penso algo dese estilo, logo de oir onte a Marlango no Centro Social Caixanova. Había moita xente. O aforo completo. Por suposto, non vou resumir o sentir xeral, pois apenas podo comprende-lo meu ata que repouse. Hoxe só unha anécdota… referida ó momento en que Alejandro Pelayo introduciu unha canción coa melodía de “Érase una vez…“. Nese momento, todo o mundo menor de 30 anos e maior de 23 empezou a canta-la canción para sí. A tarareala e recordar os debuxos cos que crecemos. As rapazas que estaban diante nosa tamén. Só que elas… sabían a letra completa! Foi incrible. Deixei de prestar atención a Marlango e soamente oía ás tres cantando… [...]
Aviso (Pingback) por O bazar de nes » Crónica do concerto de Marlango — 2006-09-14 @ 7.51 pm